O Pontevedra B gaña o Portonovo (0-2) e o Villalonga derrota o Atios para poñerse colíder (2-1)
Por Redacción
O Pontevedra B volve coñecer a vitoria despois de gañar ao Portonovo no partido disputado en Baltar esta fin de semana. O partido non estivo exento de polémica xa que comezou cunha tarxeta amarela no minuto 5 e tivo dous expulsados.
Despois dunha primeira metade igualada e sen goles, ambos os equipos volveron do vestiario con ganas de inaugurar o marcador pero foi o Pontevedra o que o conseguiu cun gol de David Veiga aos 7 minutos.
Co Portonovo buscando o empate e o filial tentando manter o resultado, chegou o momento de que entrase sangue novo ao verde e empezaron as substitucións. Por parte do Pontevedra, retirouse o amoestado Josiño e no seu lugar entrou López, mentres que os locais optaron por facer un dobre cambio. Retiráronse Roberto Vázquez e Diego Martín, e entraron Álex Pena e Eze.
O marcador seguía sen moverse e os visitantes volveron realizar un novo cambio. Esta vez entrou Guisande, que se encargou de poñer a tranquilidade para os granates facendo subir o segundo tanto ao marcador no minuto 76.
Co partido xa decantado para os de Pontevedra, unha xogada polémica no último minuto de encontro acabou coas expulsións dos xa amoestados David Ares, por parte dos de granate, e de Ameixeiro para os de Portonovo.
Consulta a acta do partido Portonovo-Pontevedra B na seguinte ligazón.
Apuros para o Vilalonga para impoñerse ao líder da liga, o Atios, nun partido tenso e disputado que finalizou con vitoria pola mínima para os locais, tres expulsados no bando visitante e un no local.
Adiantouse o Atios cun gol de Mintegui aos 12 minutos de xogo que pouco tardou en igualar Adrián Santos.
Co 1-1 no partido e a menos de 5 minutos para que o árbitro pitase o final da primeira metade, os visitantes quedaban con dous xogadores menos, ambos por dobre amarela.
Despois de pasar polo vestiario, a igualadade e a polémica continuaron. O Vilalonga quedaba con 10 xogadores tras a expulsión de Guerra, novamente por dobre amarela.
Tardou o Vilalonga en aproveitar a superioridade numérica coa que aínda contaba e, a falta de 6 minutos para que finalizase o encontro, Marcos Blanco bateu a portería de Diego Pérez e puxo o 2-1 a favor dos locais.
Con este resultado, o Vilalonga colócase segundo na clasificación empatado a 19 puntos co Atios.
Consulta a acta do partido Vilalonga-Atios na seguinte ligazón.
Emoción ata o final no partido que enfrontaba ao Céltiga fronte ao Porriño no que finalmente a vitoria decantouse para os da Illa cun gol de Grego no último minuto.
Consulta a acta do partido Porriño-Céltiga na seguinte ligazón.
De novo, emoción ata o final, pero esta vez no partido que disputaban o Beluso fronte ao Ribadumia.
Os de Luis Carro empezaron abrindo o marcador aos 30 minutos cun gol de Hugo Soto. Pola súa banda, os locais quedaban cun xogador menos por vermella directa a Óscar García.
Na segunda parte, o Beluso, cun xogador menos nas súas filas, conseguiu recortar distancias e, cando o partido estaba case concluído e parecía que acabaría en táboas, o colexiado pitou un penalti a favor dos locais que se saldou con dous xogadores visitantes expulsados por dobre amarela.
Jaco foi o encargado de materializar a pena máxima e con ela, dar a vitoria a un Beluso que gañou o últimos tres encontros.
Consulta a acta do partido Beluso-Ribadumia na seguinte ligazón.
Vitoria pola mínima para o Cambados ante a Gran Peña que non levanta cabeza e acumula catro derrotas consecutivas.
Foron os visitantes os que comezaron adiantándose cun gol no minuto 45, pero o Cambados reduciu distancias aos dous minutos cun gol de Andrés.
Co partido igualado, o árbitro pitou un penalti a favor dos locais. O encargado de tiralo foi Augusto que, con ese tanto, daba a tranquilidade aos de casa para sumar unha nova victoria.
Consulta a acta da partido Juventud Cambados-Gran Peña na seguinte ligazón.
O Sanxenxo empezou adiantándose no marcador aos 28 minutos de partido cun gol de Emilio que de pouco serviu xa que Roberto Carracelas empatou o partido a falta dun minuto para chegar ao descanso.
Co 1-1 no marcador, ambos os equipos saltaron ao terreo de xogo coa intención de levar os tres puntos pero foron os de Moaña os que finalmente o conseguiron cun gol de Eloy no minuto 54.
Consulta a acta do partido Moaña-Xuventude Sanxenxo na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O Pontevedra B salva un punto no desconto ante o Velle (2-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B consegue a vitoria pola mínima ante o Valladares (1-0)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Repartición de puntos no derbi entre Villalonga e Pontevedra B (1-1) e entre Cambados e Ribadumia (0-0)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B gana ao Sanxenxo (3-1) e o Vilalonga cae no derbi ante o Portonovo (3-1)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Dobrete de Martín Diz e repartición de puntos no Pontevedra B - Moaña (2-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B cae goleado (6-1) na súa visita ao líder da Preferente, o Atios
Por Redacción |
-
Tres puntos de ouro e mérito para o Pontevedra B á conta de Cultural Areas (3-2)
Por Redacción & Diego Torrado |