Vitoria contundente do Poio Pescamar fronte ao Universidad de Alicante (1-4)
Por Almu Dapena
O Poio Pescamar viaxou a terras alacantinas esta fin de semana para buscar a súa primeira vitoria a domicilio. O rival era o Universidad de Alicante, equipo que ata agora cultivara unha vitoria e tres derrotas.
O partido comezou con gran intensidade entre ambos os conxuntos e coas dúas escuadras presionando a saída do balón rival. Por momentos parecía que a UA facíase coa posesión mentres o Poio optaba por sorprender con envíos longos e remates de media distancia, un dos cales estivo a piques de coarse na portería local tras saír rexeitado nunha defensa.
Aos 13 minutos de xogo foi cando o Poio adiantouse no partido. Daniela, cun disparo cruzado desde o á dereita e aproveitando unha rápida contra, bateu a portería de Elena.
Co marcador en contra, as alacantinas responderon cun par de disparos de certo perigo, pero foron as vermellas as que, aproveitando unha boa contra de tres para dous, anotaban o segundo gol do partido, obra de Clara a pase de Andrea.
Segundos mais tarde, o árbitro pitou unha man dentro da área visitante e foi Pao a que recortou distancias desde o punto de penalti. Cando parecía que o empate estaba preto, Dani Sousa cobrou protagonismo e mandou o balón á rede para poñer o 1-3 no partido, resultado co que se chegaba ao descanso.
Tras o paso polo vestiario, as de Alicante saltaron á cancha en busca da remontada, pero atopáronse cun Poio que se atopaba cómodo, máis aínda cando Ana Rivera conseguía ampliar máis a súa renda cun disparo afastado.
Coas locais en busca de recortar distancias no luminoso, optaron polo xogo de cinco, pero as vermellas mostrábanse moi eficaces en labores defensivos ante os ataques locais que non tiñan suficiente rapidez en tres cuartos. Desta maneira, o Poio mantivo o resultado ata o asubío final para lograr a vitoria sen maiores complicacións.ta
UA ALICANTE FSF (1): Elena. Carmen, Mónica, Consuelo e Pao (quinteto inicial). Tamén xogaron, Lara, Raquel, Sara, Anita, Rocío e Ángela.
POIO PESCAMAR (4): Caridad. Andrea, Clara, Dani Sousa e Mirian (quinteto inicial). Tamén xogaron, Irene García, Ana Rivera, Carolina, Anna Escribano e Antía.
Árbitros: Raquel Ruano e Cristian Miralles do colexio alacantino. Sen amonestacións.
Goles: 0-1, min. 13 Dani Sousa. 0-2, min. 14 Clara. 1-2, min. 15 Pao (penalti). 1-3, min. 18 Dani Sousa. 1-4, min. 26 Ana Rivera.
Indicencias: Pabellón Universidad de Alicante ante máis de 200 espectadores.
Relacionadas:
-
Un gol no último suspiro dá a vitoria o Poio Pescamar ante o Móstoles (2-1)
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O imbatido Ourense Envialia mide as aspiracións do Poio Pescamar
Por Manu Otero |
-
O Poio Pescamar volve a golear, esta vez ao Bilbo a domicilio (4-6)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar recupera a Silvia Aguete para viaxar a Bilbao
Por Diego Espiño |
-
Un inmellorable Poio Pescamar golea á UCAM na segunda metade (8-1)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar debe volver gañar na casa para non perder o tren da final a catro
Por Redacción |
-
Dous goles na primeira metade condenan ao Poio Pescamar fronte ao Atlético (1-2)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O virus Fifa cébase co Poio Pescamar antes de recibir ao Atlético
Por Manu Otero |
-
Empate amargo para o Poio Pescamar ante un Esplugues moi forte en defensa (1-1)
Por Almu Dapena |