O Voleibol Pontevedra inicia a tempada con boas sensacións
Por Redacción
Despois de 6 tempadas de ausencia, o Club Voleibol Pontevedra puxo sobre a cancha ao seu equipo sénior masculino en competición oficial, e o regreso non puxo resultar máis positivo.
O conxunto pontevedrés venceu en tres mangas o Xiria (25-18 / 27-25 / 25-19) nun duelo celebrado no pavillón Multiusos correspondente á liga autonómica.
Un balance positivo ao que tamén se sumou o equipo feminino a pesar da derrota coa que se estreou no novo curso. As lerezanas cederon ante o máximo favorito ao ascenso, o Xuvenil Teis, recentemente descendido da Superliga 2 e que segue contando nas súas filas con xogadoras internacionais como a turca Melisa Kerman.
Aínda que caeron, fixérono con grandes sensacións e plantando cara ao seu rival. Así, a pesar de perder as dúas primeiras mangas (15-25 / 13-25), si conseguiron gañar o terceiro set (25-17) recortando distancias, aínda que non puideron manter o nivel e as viguesas terminaron sentenciando por un apertado 22-25.
Este resultado reafirma as aspiracións dun Voleibol Pontevedra que se fixa como obxectivo pelexar por situarse entre os cinco mellores equipos da categoría.