A pontevedresa Celia Cerviño estrea o seu palmarés no circuíto ITF de tenis

Por Redacción
Portugal foi escenario da primeira vitoria da pontevedresa Celia Cerviño no circuíto internacional ITF de tenis.
A deportista do Club de Tenis Pontevedra levantou o título de dobres no torneo 15 K celebrado na localidade lusa de Santarém, facendo parella coa local Matilde Jorge.
Foi unha parella que xurdiu da improvisación. Cerviño, do mesmo xeito que a súa compañeira, caeu en primeira rolda do cadro individual contra portuguesa María Inés Fonte (6-1 e 6-2). Foi un pau para ela, que aspiraba a pelexar polas roldas finais neste torneo, pero repúxose centrándose nos dobres.
Cerviño e Jorge gañaron en primeira rolda á irlandesa Ruth Copas e a lusa Alexandra Silva (6-4 e 6-1) para citarse en cuartos de final coa parella cabeza de serie número uno do torneo, formada por Francisca Jorge e a ceutí Olga Parres, á que venceron por 6-4 e 6-2. Esa vitoria impulsounas e en semifinais derrotaron á portuguesa Inés Murta e a ucraína Elizabet Hamaliy no partido máis duro do torneo (6-4, 3-6 e 10-6 no súper tie-break).
Xa na final, o triunfo chegou con certa solvencia por un resultado de 6-3 e 6-2 á portuguesa Sara Lanca e a rusa Ekaterina Shalimova, segundas cabezas de serie.
Celia Cerviño, que esta tempada gañou un título no cadro individual do Challenge de Puertollano, en agosto, céntrase agora na parte final do ano na que se enfocará unicamente en torneos ITF. O próximo, o 25 K de Sevilla, cuxa previa disputará desde este mesmo sábado 12 de outubro.
Relacionadas:
-
Celia Cerviño pecha o seu mellor ano con triunfo no Open de Pontevedra
Por Redacción |
-
Celia Cerviño, ante unha tempada clave para o seu futuro no circuíto tenístico profesional
Por Redacción |
-
A participación de Celia Cerviño no Masters IBP de tenis acaba en retirada
Por Redacción |
-
Celia Cerviño segue en xeira positiva e conquista en Portugal o seu primeiro título individual do circuíto ITF de tenis
Por Redacción |
-
Celia Cerviño repite en Portugal título de dobres no circuíto ITF
Por Redacción |
-
A húngara Toth e o noruegués Hoeyeraal levan o ITF Júnior de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Club de Tenis Pontevedra presume de campioa galega absoluta
Por Redacción |