Dobrete de Martín Diz e repartición de puntos no Pontevedra B - Moaña (2-2)
Por Redacción
Despois da goleada sufrida a pasada fin de semana fronte ao Atios, o Pontevedra B volvía afrontar un novo compromiso ligueiro, esta vez fronte ao Moaña, que viña de perder fronte ao Cultural Areas.
O Moaña adiantouse no marcador cun gol de Adri Cidras no minuto 22 pero o Pontevedra non tardou en reaccionar e a menos de 10 minutos do gol visitante, Martín Diz puxo o 1-1 no marcador, resultado co que concluíu a primeira metade.
Despois do paso polo vestiario, os locais viñeron arriba en busca do segundo tanto do encontro e cun dobrete de Martín Diz, o Pontevedra B púxose por diante no marcador aos 7 minutos de comezar o segundo tempo. A igualada no luminoso volvería esta vez cun penalti a favor do Moaña que tranformó Adri Cidras no minuto 69 e poñía así o 2-2 co que finalizaría o encontro.
Consulta a acta do Pontevedra B- C.D. Moaña na seguinte ligazón.
Segunda vitoria e segunda goleada do Beluso nesta tempada. Despois de gañar 4-1 a fin de semana pasada á Gran Peña, esta vez foi a quenda do San Ciprián.
O Beluso inaugurou o marcador no minuto 18 cun tanto de Diego, único gol da primeira metade. A goleada viría despois do descanso e en menos de 10 minutos os visitantes puxéronse cunha vantaxe de 4 goles a 0. Esta vez, os protagonistas foron Adri Estévez, por partida dobre, e Jacobo.
Co partido sentenciado, Adri Estévez volveu mandar o balón á rede do porteiro local a falta de 5 minutos para que o árbitro pitase o final do partido e con iso, marcar o seu terceiro gol e quinto do partido.
Consulta a acta do San Ciprián-Beluso na seguinte ligazón.
O Portonovo desprazouse a Porriño esta fin de semana para enfrontarse ao líder da clasificación nun partido que quedou sentenciado na primeira metade.
O primeiro gol do Atios chegou no minuto 22 cun disparo de Jony co que bateu ao porteiro visitante, Pablo González. Co Portonovo envorcado en ataque en busca do empate, Mintegui foi o que ampliou a distancia no marcador cun gol a poucos minutos de chegar ao descanso.
Despues de pasar polo vestiario, nos seguintes 45 minutos non houbo goles e o partido finalizou cunha nova vitoria para o Atios.
Consulta a acta do U.D Atios-Portonovo na seguinte ligazón.
Pronto se adiantou o Vilalonga no partido no que se enfrontaba ao Xuvenil de Ponteareas. Foi David Calo o que, no minuto 3 e na primeira chegada á portería rival, mandou o balón á rede. Novamente, no minuto 32 volveu ser o protagonista con outro tanto que ampliou a distancia a favor dos visitantes.
Co 0-2 no marcador, os locais buscaban o gol que lles permitise meterse no partido e no minuto 72, un gol de Chema daba esperanzas dun posible empate ao Ponteareas.
Pero co partido case concluido, o colexiado pitou un penalti a favor do Villalonga que Javi Vila encargouse de materializar e con el, poñer o 1-3 no resultado final.
Consulta a acta do Juvenil Ponteareas-Villalonga na seguinte ligazón.
Repartición de puntos no partido disputado na Illa no que se enfrontaban o Céltiga fronte ao Velle.
O conxunto local empezou adiantándose cun gol de Bugallo aos 32 minutos de xogo. 1-0 no marcador e fin dos primeiros 45 minutos.
Tras o descanso, o Velle empezou a reaccionar e un gol de Raúl Melo igualaba aos de Ourense no minuto 56.
Aos 67 minutos os visitantes quedaban en inferioridade numérica pola expulsión de Aaron, pero o Céltiga non soubo aproveitalo e o marcador xa non se moveu.
Consulta a acta do Céltiga-Velle na seguinte ligazón.
O campo da Senra acolleu esta fin de semana o encontro entre o Ribadumia e o Porriño, partido que quedou sentenciado nos primeiros 11 minutos.
Dous goles de Dieguito (minuto 6 e 9) e un de Fran Fandiño (minuto 11) puxeron o 3-0 a favor do conxunto de Ribadumia mentres que o Porriño só podía ver como a esperanza de lograr os tres puntos desvanecíanse en pouco tempo.
O partido non quedou aí e despois de estar máis de 50 minutos sen encaixar ningún tanto, Hugo Soto anotou o cuarto e último gol dun partido sen complicación para os locais.
Consulta a acta do Ribadumia-Porriño na seguinte ligazón.
O Cambados desprazouse a Ourense para enfrontarse ao Barbadás nun partido que quedou en táboas.
Empezouse adiantando o conxunto local cun gol de Nespereira no minuto 8. Non tardou moito en reaccionar o Cambados que enseguida igualou o encontro cun gol de Yago Ameneiro no minuto 20 para deixar o 1-1 final no luminoso.
Consulta a acta do Barbadás-Juventud Cambados na seguinte ligazón.
Con dous goles de Emilio (minuto 34 e 59), o Sanxenxo levou os tres puntos do encontro disputado este domingo en Baltar fronte ao Cultural Areas.
Co equipo visitante envorcado arriba en busca de recortar distancias, foi no minuto 65 cando un gol de Vitti deu esperanzas aos de Ponteareas.
Os últimos compases do encontro traducíronse en intentos do Cultural por empatar un partido no que finalmente foron os locais os que levaron a vitoria.
Consulta a acta do Xuventude Sanxenxo-Cultural Areas na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O Pontevedra B salva un punto no desconto ante o Velle (2-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B consegue a vitoria pola mínima ante o Valladares (1-0)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Repartición de puntos no derbi entre Villalonga e Pontevedra B (1-1) e entre Cambados e Ribadumia (0-0)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B gana ao Sanxenxo (3-1) e o Vilalonga cae no derbi ante o Portonovo (3-1)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Pontevedra B gaña o Portonovo (0-2) e o Villalonga derrota o Atios para poñerse colíder (2-1)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B cae goleado (6-1) na súa visita ao líder da Preferente, o Atios
Por Redacción |
-
Tres puntos de ouro e mérito para o Pontevedra B á conta de Cultural Areas (3-2)
Por Redacción & Diego Torrado |