O Celta Zorka, primeiro obstáculo na nova aventura do Arxil
Por Redacción
A nova tempada do Arxil comeza este sábado (19.30 horas) na cancha do Centro Galego de Tecnificación Deportiva e farao cun derbi pontevedrés diante dun dos grandes candidatos ao ascenso de categoría: o Celta Zorka.
As de Mayte Méndez xa se enfrontaron ao conxunto vigués en pretemporada e a balanza inclinouse ao lado visitante por un contundente 59-73. Con todo, as verdes foron capaces de plantar cara ás favoritas durante a primeira parte, de feito fóronse con vantaxe aos vestiarios. Esa versión ofrecida no comezo da tempada e que marabillou á afección é o que tentarán repetir as pontevedresas no seu debut ligueiro pero durante os corenta minutos de xogo.
Para a primeira etapa da que será unha longa tempada, a adestradora ten a todas as xogadoras á súa disposición. Durante a pretemporada, as novas fichaxes tiveron tempo para coñecer o estilo de xogo das súas compañeiras e no vestiario ven un equipo compacto capaz de gañar a calquera rival.
O partido pode seguirse en directo polo canle FEB TV, pero no Arxil esperan reunir a todos os seus seguidores no CGTD para crear o ambiente que debe dar ao cadro verde a súa primeira vitoria.
Relacionadas:
-
O Arxil debuta en liga con derrota ante o Celta (50-70)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Arxil, "a pleno rendemento" ante o inicio da Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Os tiros libres condenan a un Arxil que acumula a súa terceira derrota en Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Arxil cae fronte ao Celta Zorka na segunda xornada de Copa Galicia
Por Redacción |