David Vaz e Javi Busto impóñense na primeira edición da Costa Atlántica MTB Tour
Por Redacción
O ciclismo de montaña viviu unha fin de semana especial na comarca coa estrea da Costa Atlántica MTB Tour.
A proba deportiva, que contou na súa primeira edición coa participación de máis de 250 ciclistas, estivo composta por tres etapas polos montes da provincia de Pontevedra.
A primeira xornada, o venres 27, Bueu foi escenario da caravana da carreira con 60 quilómetros de percorrido, mentres que o sábado tocoulle a quenda a Pontevedra con 80 quilómetros e ata 1.800 metros de desnivel acumulado e o domingo pechouse a competición con 50 quilómetros de competición en Sanxenxo.
Na categoría elite ofreceron un gran nivel durante as tres etapas entre David Vaz e Javier Busto, vencendo cun tempo total de 8 horas, 28 minutos e 21 segundos. Superaron a Jacobo Ucha e Abel Rollano.
Pola súa banda no open indiviudual feminino impúxose Silvia García, no open masculino Filipe Alexandre Guerra, José Canosa e Gonzalo Vidal gañaron en parellas, Manuel Casuso e José Alberto Sotullo en Máster 30, Marcos Montes e Daniel Herráez en Máster 40 e José Manuel Blanco e José Antonio González na categoría de Máster 50.
Consulta aquí a clasificación final da Costa Atlántica MTB Tour.