O Froiz finaliza terceiro no ranking nacional de ciclismo
Por Redacción
O Supermercados Froiz puxo esta fin de semana o broche final á tempada 2019 finalizando terceiro na clasificación nacional Elite con 2.380 puntos, detrás de Caja Rural (primeiro con 3.023 puntos) e o Kuota Construcciones (segundo con 2.503).
Entre os resultados conseguidos este ano, destacan a medalla de prata no Campionato de España de roteiro elite con Jesús Arozamenta; os campionatos galegos de roteiro e crono con medallas de ouro e prata; as vitorias en voltas como Salamanca, ou as metas volantes en Palencia.
A elas súmanse a Volta ao Futuro, Cantabria, León, Galicia e o top 10 en diferentes probas da Copa de España.
Todo iso tradúcese nunha tempada notable para a escuadra alimenticia na que o director, Evaristo Portela, quixo apostar por un equipo novo e formar aos sub 23 para que aos poucos poidan dar o salto a profesionais.
Relacionadas:
-
O Froiz pecha o seu plantel con dúas novas fichaxes
Por Redacción |
-
Nicolás Antorena e Ramón Fernández Cuesta, novas incorporacións do Froiz
Por Redacción |
-
O Froiz 'pesca' ás súas primeiras fichaxes no pelotón profesional portugués
Por Redacción |
-
Dous segundos dan o triunfo a Márquez (Lizarte) na Volta a Galicia. O Froiz gaña por equipos
Por Redacción |
-
Guillermo García, primeiro sub-23 en completar o III Memorial Rogelio Acuña
Por Redacción |
-
180 ciclistas compiten no Gran Premio Cidade de Pontevedra, que busca un oco na Copa de España
Por Manu Otero |
-
O Supermercados Froiz, terceiro na Volta ao Futuro
Por Redacción |