Lua Piñeiro e Fernando Rascado ensinarán taekwondo en Cuntis
Por Redacción
O Concello de Cuntis volve apostar por unha oferta cultural e deportiva "moi ampla". Para este novo curso, apostan polas actividades tradicionais pero inclúen dúas novas.
Por unha banda, para a aposta cultural incorpóranse os Sábados de Cinema con flocos de millo e refrescos. As proxeccións realizaranse todos os sábados, a partir do 28 de setembro, na Casa do Médico.
Con respecto á oferta deportiva, Cuntis incluirá na súa programación as clases de taekwondo de dous mestres da categoría como son a internacional Lua Piñeiro e Fernando Rascado. Os medallistas serán os encargados de impartir os seus coñecementos sobre este deporte aos máis pequenos para que poidan penetrarse nesta modalidade deportiva.
As clases serán os luns e xoves e estarán divididas en dúas categorías. Para os nenos e nenas de 3 e 5 anos serán as de psicomotricidade que se impartirán de 16:00 a 17:00 horas, e, para os maiores de 5 anos, poderán acudir ás da especialidade de taekwondo e serán de 17:00 a 18:00 horas.
Relacionadas:
-
O club de taekwondo de Lúa Piñeiro planta 100 árbores na zona de Pataca Cortada
Por Oskar Viéitez |
-
Os deportistas do Mace Sport e Mat's levan a Galicia ao ouro no Campionato de España de taekwondo
Por Redacción |
-
Medallas para Katya Calvar, Jessica Blanco, Iván García e Lúa Piñeiro no Nacional de Taekwondo
Por Redacción |