O medio maratón de Pontevedra incorpora este ano unha carreira de 10 quilómetros
Por Redacción
As rúas de Pontevedra converteranse o próximo 21 de outubro no escenario do xa clásico medio maratón que organiza cada ano a Sociedad Gimnástica. Aínda que aínda resta un mes para a cita, a escuadra lerezana xa ten todos os preparativos en marcha para que a proba, que este ano incorporará varias novidades, volva ser un éxito.
A inclusión dunha proba menos esixente, de dez quilómetros, é un dos principais elementos novos desta edición, que o club acaba de facer público.
Desde o club pontevedrés marcáronse como obxectivo converter esta proba nunha referencia dos circuítos de carreiras populares a nivel nacional e autonómico. A intención é manter o nivel organizativo que tan bos resultados deu en edicións previas e incorporar novidades para "ir crecendo aos poucos", explican os directores técnicos da carreira, Santi Ferrer e Víctor Riobó; que prometen desvelar outras sorpresas ao longo das próximas semanas.
As inscricións para participar tanto no medio maratón como na carreira dos dez quilómetros poden realizarse xa a través da plataforma Championchip Norte. A cota reducida manterase ata o 30 de setembro.
Relacionadas:
-
Éxito de participación no Medio Maratón de Pontevedra coa vitoria de Anxo Castro e Beatriz Fernández
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Medio Maratón de Pontevedra aspira a superar os 1.500 corredores
Por Manu Otero |
-
Manuel Hurtado, da Ximnástica, prata no Campionato de Europa Máster
Por Redacción |
-
Preto de 1.500 persoas deixan a súa pegada no Medio Maratón de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |