O CGTD inicia o curso con igualdade de número entre homes e mulleres
Por Redacción
O novo curso escolar xa está en marcha e o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra non é unha excepción. Nun acto no que participaron todos os deportistas que inician ou continúan os seus estudos nesta institución única en Galicia, o secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete Lasa, quixo destacar a importancia de compaxinar a formación deportiva coa educación en igualdade. Ademais por primeira vez este ano haberá paridade entre homes e mulleres tanto nas prazas de tecnificación como de rendemento.
Para esta tempada, nas aulas do CGTD estudarán 160 deportistas, que saen das 144 prazas publicadas en último venres no DOG (95 prazas para tecnificación e 49 para rendemento) e outras 16 que se reserva a Secretaría Xeral para ou Deporte para a súa concesión.
As especialidades do centro para este curso volverán ser as mesmas catorce que a tempada anterior: Atletismo (marcha e lanzamentos), bádminton, ximnasia acrobática (trampolín e artística), judo, kárate, loita, natación, piragüismo (augas bravas e augas tranquilas), remo, taekwondo, tríatlon (péntatlon moderno) e vela
Lete Lasa definiu ao centro galego como "un centro de referencia da nosa excelencia deportiva onde tamén adestramos aos nosos nenos e nenas para que estean capacitados para participar nuns Xogos Olímpicos". De feito desde os Xogos de Sidney 2000, vinte deportistas galegos e dous paralímpicos saíron desta academia deportiva.
Na cerimonia inaugural participou tamén o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quen presumiu de que "Pontevedra é a cidade máis deportiva de Galicia". A presenza do CGTD, as titulacións de Ciencias da Actividade Física e o Deporte e Fisioterapia, que se imparten no campus; así como a organización de grandes eventos deportivos de repercusión mundial son os alicerces nos que se basea o discurso do rexedor para deixar clara a aposta da cidade do Lérez polo deporte.
Relacionadas:
-
Pontevedra opta ao Campionato de España de Atletismo Sub-16 de Seleccións Autonómicas
Por Diego Espiño |
-
A Xunta promete mellores servizos para o equipo de triatlón do CGTD
Por Manu Otero |
-
Os olímpicos galegos únense á loita contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
A Secretaría Xeral para o Deporte concede 144 bolsas para adestrar no CGTD
Por Redacción |