Guillermo García, primeiro sub-23 en completar o III Memorial Rogelio Acuña
Por Redacción
Máis de 180 deportistas procedentes de toda Galicia competiron, este domingo, nunha das probas máis representativas do ciclismo na cidade, aínda a pesar da súa curta vida. O Gran Premio Ciudad de Pontevedra ou Memorial Rogelio Álvarez, organizado polo Grupo Deportivo Supermercados Froiz, chegou este ano á súa terceira edición.
No pelotón estiveron presentes ciclistas das categorías sub-23, elite, máster 30 e máster 40, que percorreron un total de 100 quilómetros desde a Praza de España de Pontevedra para dirixirse a Marín, posteriormente Bueu e Domaio. Santa Cristina de Cobres foi o seguinte punto de paso, para continuar por Arcade rumbo a Ponte Caldelas. Unha vez superado ese segundo ascenso, os corredores iniciaron o tramo final da carreira, que supuxo un rápido descenso ao longo de Marcón e Bora para, finalmente, volver pedalear sobre as rúas pontevedresas cara á liña de meta.
Estaba previsto que a saída se efectuase ás 10:00 horas, momento no que os corredores se posicionaban no punto de saída dispostos a completar o reto da xa tradicional proba.
Guillermo García, da escuadra anfitrioa, conseguiu o primeiro posto do podio en categoría sub-23, seguido, na mesma, polo seu compañeiro Adrián Barros.
Aos dez quilómetros da saída, distinguíase xa un corte no que se atopaban Barros e García con outros sete corredores. Por detrás producíase unha contra de varios ciclistas no pelotón, manténdose así ata o final da proba. Con todo, a 20 quilómetros de meta un grupo de cinco corredores, entre os que se atopaba Guillermo, saltaba dese grupo cabecero e, a 15 escapáronse dous elites; Ballesteros, do Valverde Team, que foi o primeiro en completar o traxecto, e Oliveira, do Oliveira Bikes, segundo. No terceiro posto chegou Roberto Mediero e, a continuación, Guillermo e Adrián (cuarto e quinto, respectivamente, na clasificación xeral e, polo tanto, primeiros sub-23).
Foi unha carreira rápida, cortada e complicada na que os mozos tiveron a oportunidade de mostrar o seu potencial.
Relacionadas:
-
O Froiz 'pesca' ás súas primeiras fichaxes no pelotón profesional portugués
Por Redacción |
-
O Froiz finaliza terceiro no ranking nacional de ciclismo
Por Redacción |
-
Dous segundos dan o triunfo a Márquez (Lizarte) na Volta a Galicia. O Froiz gaña por equipos
Por Redacción |
-
180 ciclistas compiten no Gran Premio Cidade de Pontevedra, que busca un oco na Copa de España
Por Manu Otero |
-
Problemas de seguridade obrigan a cancelar o Gran Premio Rogelio Acuña de ciclismo
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
O Froiz asina un triplete na casa e leva o Trofeo Cidade de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Domingo de ciclismo na comarca co Trofeo Cidade de Pontevedra
Por Redacción |