O Concello comeza a poñerse ao día coas subvencións aos clubes deportivos
Por Redacción
O Concello de Pontevedra empeza a poñerse ao día co pago das subvencións aos clubs deportivos da cidade. O concelleiro de Deportes, Tino Fernández, explicou este venres que o goberno local está a abonar xa ás 57 escuadras pontevedresas, que lles foron concedidas subvencións, os fondos do curso 2017.
O volume total ascende a 292.846 euros e, segundo explicou Fernández, o vindeiro luns na Xunta de Goberno aprobaranse as axudas do ano 2018. "Xa cobraron unha trintena de clubs e os que faltan están pendentes de pequenos trámites como a presentación dalgún documento ou do visto e prace do servizo de Intervención", precisou o concelleiro.
As cantidades a percibir polos clubs oscilan entre os 22.150 euros que recibe o Teucro e os 800 que percibe clubs máis pequenos como a Atlético Estación ou o Polideportivo Méndez Núñez. Os clubs con maior número de licenzas, como o Cisne, Leis ou Sociedade Ximnástica; reciben máis diñeiro para facilitar a súa actividade.
O obxectivo da concellería de Deportes é que antes de que termine o ano, os clubs cobren as subvencións pendentes do 2018, cuxo importe alcanza os 300.000 euros. O edil comprometeuse ademais a que "unha vez que se resolvan as do 2018, axilícense ao máximo posible as do 2019", que por lei non poden entregarse antes de que termine o exercicio.
Ao mesmo tempo, Tino Fernández avanzou que o Concello está a piques de convocar a comisión de valoración das axudas do período 2019-2020 para o funcionamento das Escolas Deportivas Municipais para que as entidades solicitantes as poidan cobrar antes do mes de novembro. Este programa dispón dun financiamento de 142.000 euros para 2.400 prazas.
Relacionadas:
-
O Concello pecha o prazo para optar ás axudas deportivas con 63 clubs solicitantes
Por Redacción |
-
O Concello comprométese a axilizar o pago das subvencións aos clubs deportivos
Por Redacción |
-
As escolas deportivas pechan o prazo de presentación de solicitudes con 2.000 peticións
Por Redacción |
-
Aberto o prazo de preincripción para as escolas deportivas municipais
Por Redacción |
-
O Leis estrea o seu vídeo ao estilo Fifa Street co que celebra o seu 40 aniversario
Por Manu Otero |
-
A Gimnástica de Pontevedra comeza a preparación da nova tempada
Por Almu Dapena |
-
O Concello avanza que se poñerá ao día coas subvencións deportivas "dentro deste ano"
Por Diego Espiño |
-
A Xunta de Goberno aproba a resolución das subvencións deportivas da tempada 17/18
Por Diego Espiño |