Pontevedra vai pola Copa do Mundo de ciclocrós
Por Manu Otero
A cidade de Pontevedra está abonada ás competicións mundiais. Despois de organizar probas deste tipo de tríatlon, piragüismo ou balonmán, o Concello aspira agora a ser sede dunha proba da Copa do Mundo de ciclocrós. Este obxectivo fixérono público este xoves a concelleira responsable de eventos deportivos, Anabel Gulías, e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.
Antes de poder organizar unha proba desas características, a cidade debe demostrar a súa capacidade coa organización doutros eventos de menor calado. Algo que esperan conseguir coa celebración da Copa de España, que terá lugar o 1 de decembro, e o Campionato de España, en xaneiro do 2020. Ambas as competicións xa están adxudicadas ao Concello de Pontevedra, que volverá ser a capital nacional do ciclocrós.
A Copa de España, que se compón de seis probas, celebrará na cidade do Lérez a quinta etapa despois das tres carreiras que acollerá o País Vasco e Alcobendas. A definitiva celebrarase en Valencia. No circuíto da Illa dás Esculturas daranse cita corredores de categoría cadete ata veteranos e a organización espera a participación de máis de 350 corredores. Ao tratarse dunha competición internacional atraerá aos mellores ciclistas de Portugal e outros países de Europa.
Por segundo ano consecutivo, Pontevedra volverá ser sede do campionato de España. Unha competición que atraerá a 800 ciclistas de todas as idades. "Despois do campionato do 2019, na federación quedou un moi bo sabor de boca e houbo maioría para volver concedérnolo", dixo Muñiz, quen destacou que ata este ano, Galicia non organizaba competicións deste tipo desde o 2006.
Coa organización destas dúas competicións, Pontevedra adquiriría a experiencia e cumpriría os requisitos esixidos pola UCI para converterse en sede dunha proba da copa do mundo. Tanto o Concello como a Federación Galega confían en que lle sexa concedida no 2021.
Relacionadas:
-
Pontevedra reforza a súa aposta polo ciclocrós e mira cara ao Mundial de 2024
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra organizará en xullo o Campionato de Europa de Fútbol Gaélico
Por Diego Espiño |
-
Anabel Gulías sobre os eventos deportivos de 2020: "Cremos que o ciclocrós pode traer réditos similares ao tríatlon"
Por Diego Espiño |
-
O Nacional Sénior de Loita, novo evento para o calendario deportivo de Pontevedra en 2020
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra prepárase para unha dobre ración de ciclocrós con probas da Copa Galicia e a Copa de España
Por Diego Espiño |
-
A organización de eventos deportivos de Pontevedra serve como inspiración para o municipio luso de Paredes
Por Manu Otero |
-
Poio abre o calendario do ciclocrós galego cun participación de récord
Por Diego Espiño |
-
180 ciclistas compiten no Gran Premio Cidade de Pontevedra, que busca un oco na Copa de España
Por Manu Otero |
-
A primeira gran cita deportiva do ano en Pontevedra chega á súa fin cun ambiente fantástico
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O Campionato de España de Ciclocrós comeza con medalla de ouro para Galicia
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Pontevedra respira ciclocrós co desembarco do Campionato de España
Por Diego Espiño |
-
A Federación Española dá o visto e prace ao circuíto da Xunqueira para o Nacional de Ciclocrós
Por Diego Espiño |