O estadounidense Sounders reforza o xogo exterior do Peixe Galego
Por Manu Otero
O Marín Ence Peixe Galego apontoa o seu xogo exterior coa fichaxe do escolta estaounidense Romone Sounders. Procedente da Universidade de Wagner, coa que participou na conferencia nordés da primeira categoría da liga universitaria do país norteamericano ( NCAA), este xogador nado no 1995 promediou no seu último ano 16,5 puntos por partido, 7,2 rebotes e 3,2 asistencias.
Natural de Maryland, Sounders foi unha das pezas claves do seu equipo e as súas cifras non fixeron máis que mellorar cada tempada. O escolta participou no último draft da NBA pero non resultou seleccionado, co que se converteu en axente libre para poder asinar o seu contrato profesional co Peixe Galego. "Grazas a deus pola oportunidade de empezar a miña carreira profesional en España, tamén agradezo ao Peixe Galego por permitirme formar parte do seu persoal. Estou ansioso por chegar para poñernos en marcha e empezar a facer historia", publicou no seu perfil de Twitter.
Thank You God for the opportunity to start my professional career in Spain Also thank you to the great club of Marin Peixegalego for allowing me to be apart of your roster. Anxious to get there so we can put in this work and start making history history.#rookieszn @gerardcdg pic.twitter.com/rSsrZkTfbO
— Romone Saunders (@moneymone__) September 1, 2019
En portais especializados no mercado estadounidense definen a Sounders como un gran pasador e con facilidade para capturar rebotes. Ademais, a súa chegada permitirá a Javi Llorente dispor dun recambio de garantías para alternar co dominicano Joel Hernández, contra o que Sounders competiu na última tempada. Coa súa fichaxe, o cadro da Raña ocupa a primeira das dúas fichas para estranxeiros que permite o regulamento. A dirección deportiva continúa peiteando o mercado para pechar un especialista no xogo interior que podería chegar tamén da outra beira do Atlántico.
O plantel de Javi Llorente iniciou a pasada semana os adestramentos e este mércores disputará o seu primeiro partido de preparación na Raña a porta pechada. O primeiro duelo que poderá presenciar a afección marinense terá lugar o día 7 contra o Leyma Coruña na primeira rolda da Copa Galicia que este ano volve organizar o equipo de Marín.
Relacionadas:
-
A nova singradura do Peixe Galego no océano da LEB Oro
Por Manu Otero |
-
Diago Quinn pecha o xogo interior do Peixe Galego
Por Manu Otero |
-
O Peixe Galego métese nas Semifinais da Copa Galicia ao gañar na Raña ao Leyma Coruña (69-63)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Peixe Galego prepara o seu segundo curso en Ouro convencido de mellorar o anterior
Por Manu Otero |
-
Shaquille Doorson, potencia para a pintura do Peixe Galego
Por Redacción |
-
O dominicano Joel Hernández, sétima peza para o proxecto do Peixe Galego en LEB Ouro
Por Redacción |
-
Badmus renova co Peixe Galego para xogar a tempada en LEB Ouro
Por Sofía Lorenzo |
-
O Peixe Galego faise coa cesión do ourensán Rodrigo Seoane
Por Diego Espiño |
-
Orellano seguirá un ano máis no Peixe Galego
Por Sofía Lorenzo |
-
O Peixe Galego refórzase co pívot ourensán Álex Mazaira
Por Manu Otero |
-
A Raña volverá saborear a LEB Ouro o 4 de outubro coa visita do Cáceres
Por Manu Otero |
-
O Peixe Galego aposta polo ala pívot canario Jacobo Díaz
Por Redacción |
-
Carlos Noguerol é a primeira fichaxe do Peixe para a tempada en LEB Oro
Por Manu Otero |