O Poio Pescamar pasa a primeira eliminatoria da Copa Galicia a costa do Fisgón (2-5)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado
O pavillón do Sequelo acolleu, este sábado, o primeiro partido oficial de pretemporada do Poio Pescamar. As de Raúl Jiménez enfrontáronse ao Fisgón na primeira eliminatoria da Copa Galicia despois de gañar, cun abafador 0-11, ao Comarcal A Fervenza na súa pista. Nesta ocasión, metéronse na seguinte fase da competición á conta das marinenses.
Aínda que debería ser unha decisión a dous partidos entre tres equipos, o Leis Pontevedra renunciou á súa praza por falta de persoal. Así que as gañadoras deste choque pasan directamente á seguinte rolda da Copa.
A primeira parte estivo dominada polas visitantes, que golearon ás do Fisgón. A pesar diso, tardaron as poienses en marcar o primeiro tanto, que chegou no 9' de man de Antía Pérez. Aí abriuse a veda, xa que dous minutos despois, Anna Escribano establecía o 0-2. Malia os intentos locais por reducir distancias, estes foron en balde. Pouco antes do descanso, Antía volvía facer o seu e conseguía o 0-3, ao que seguiu, case sobre o bociñazo, o gol de Daniella Oliveira que daba ás súas o 0-4. Unha renda dificilmente igualable nos seguintes vinte minutos.
Coa continuación, pouco cambiaron as cousas. Aos cinco minutos do regreso dos vestiarios, Irene García anotaba o 0-5, que, con todo, non só non afundiu ás locais, senón que lles deu un empurrón. Na seguinte xogada, Jessica Lores conseguía sumar o primeiro gol de parte das do Fisgón (1-5). Ante a tranquilidade das visitantes, que seguían contando cunha cómoda vantaxe, as de Pilar Costa estableceron o definitivo 2-5 de man de Lucía Souto pouco antes do desenlace do partido.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar enfrontarase ao Fisgón na primeira rolda da Copa da Raíña
Por Redacción |
-
Demasiado Burela para o Poio Pescamar no debut ligueiro (4-1)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar enfróntase no debut ligueiro a un Burela cheo de internacionais
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar gaña ante a súa afección o partido de presentación contra o Santa Luzia
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar, á procura da final da Copa Galicia ante O Fisgón
Por Redacción |
-
Un renovado Poio Pescamar ponse en marcha
Por Manu Otero |
-
Satisfacción no Poio Pescamar ante os cambios na competición de liga e copa
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar ficha a Anna Escribano e renova a Irene García
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar ficha á ala-pívot Ana Rivera Chaves
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar enfrontarase ao Leis e ao Fisgón na previa da Copa Galicia
Por Manu Otero |