Máis de medio centenar de participantes na XXI edición do Virxe Peregrina de pesca submarina
Por Redacción & Diego Torrado
Como vén sendo habitual, a praia da Barrosa de San Vicente acolleu, este domingo, o Campionato de Pesca Submarina Virxe Peregrina, que este ano chegou á súa vixésima primeira edición. Como cada ano, o Club Sotavento é o organizador da cita que atrae a unha gran cantidade de afeccionados a esta actividade.
Máis de medio centenar de persoas acudiron á mencionada praia para tomar parte na competición, que se desenvolveu entre as 9:00 e as 13:00 horas. Isto supón un considerable aumento na participación respecto ao pasado ano.
Xa pola tarde, foi na Praza da Verdura de Pontevedra onde se realizou a pesada das pezas capturadas. Estas serán doadas, como ocorre en cada edición, á Fundación Amigos de Galicia, que as repartirá entre varias familias en situación de precariedade e risco de exclusión, especialmente aquelas con menores ao seu cargo. Desta maneira, contribúese á proporción de sustento a veciños da zona.
Relacionadas:
-
Medio centenar de pescadores participarán o día 28 en San Vicente nun campionato de pesca submarina
Por Redacción |
-
Medio cento de pescadores submariños buscarán o domingo o peixe máis grande de San Vicente
Por Manu Otero |
-
Galicia consolídase como destino turístico de calidade
Por Redacción |
-
A Xunta impulsa a pesca e o marisqueo sostibles
Por Redacción |
-
Investigan por reincidencia "aos dous furtivos de sempre"
Por Redacción |