O Cisne métese nas semifinais da Copa Galicia ao gañar con autoridade ao Ribeiro (16-36)
Por Redacción
O Cisne continúa coa súa pretemporada e, despois do partido deste sábado en Ribadavia, nas semifinais da Copa Galicia.
Este sábado, o primeiro equipo pontevedrés viaxou para enfrontarse ao Ribeiro na súa pista, onde este impúxose desde o minuto un. Os de Jabato non deron opción algunha aos ourensáns e con superioridade marcháronse ao descanso (6-16).
Cunha renda máis que cómoda, os pontevedreses continuaron co mesmo ritmo. Cabe destacar a efectividade para portería do zurdo Bruno Vázquez, que anotou oito tantos, ademais da alta porcentaxe de paradas de Jorge Villamarín (62%, 10 de 16 tiros). O técnico cisneísta apostou, unha vez máis, por dar minutos aos seus xogadores xuvenís, conseguindo, finalmente, que co inmellorable xogo ofensivo do equipo, este chegase ao bocinazo final cun 16-36 no marcador.
Ao Cisne tócalle esperar ao resultado do encontro deste martes entre o Teucro A e o Lalín para saber, desta forma, se haberá derbi en semifinais.
Relacionadas:
-
Cangas faise coa Copa Galicia á conta dun Cisne que ilusiona aos seus (31-26)
Por Redacción |
-
O Cisne derrota o Teucro (32-29) e enfrontarase co Cangas na final da Copa Galicia
Por Sofía Lorenzo |
-
Iago Cuadrado regresa a un Cisne que presenta campaña de socios
Por Almu Dapena |
-
As semifinais de Copa Galicia brindan este sábado o primeiro derbi pontevedrés
Por Manu Otero |
-
O Teucro elimina ao Embutidos Lalinenses e se verá co Cisne nas semifinais da Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Cisne avanza na Copa Galicia á conta do Teucro B (19-33)
Por Redacción |
-
O cisneísta Álvaro Preciado destaca no mundial xuvenil
Por Redacción |
-
A pretemporada do Cisne empeza coa pelea pola Copa Galicia contra o Teucro B
Por Almu Dapena |
-
O Cisne presenta ao equipo co que buscará manterse un ano máis en División de Honor Plata
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |