Cumpre o expediente sen alardes o Pontevedra en Vilalonga (1-2)
Por Redacción
Gañou o Pontevedra ao Villalonga no segundo amigable da semana. Fíxoo cun marcador curto pero con xustiza, nun partido con poucas ocasións, cun primeiro tempo relativamente igualado e un segundo no que os granates aproveitaron a súa mellor condición física para dominar con autoridade, pero sen conseguir xerar excesivo perigo.
Repartindo minutos entre todos os seus homes, Luismi optou esta vez por un once inicial no que non figuraba ningún dos xogadores que actuou de inicio o día anterior en Mondariz, o que trouxo como consecuencia esa maior igualdade no partido.
Os de San Pedro conseguiron que os granates non se atopasen cómodos en bastantes fases. Aínda así, os de Luismi levaron case sempre a iniciativa, especialmente cando o balón pasaba polas botas de Mouriño ou Javi López (entre os dous fabricaron os dous tantos visitantes).
Preto da media hora de xogo chegaba o primeiro gol, nun centro lateral de Javi López que empalmou Mouriño preto da frontal.
Empataría o Vilalonga, aproveitando un desaxuste defensivo tras un balón colgado que aproveitou Brian desde dentro da área para nivelar o marcador e irse ao descanso.
Os locais realizaron seis cambios, mentres Luismi mantivo o mesmo once e o Villalonga non regresou centrado ao terreo, o que aproveitou o conxunto granate para adiantarse moi pronto cun gol chegado de novo tras un centro lateral de Javi López, que outra vez Mouriño aproveitou para desde a frontal poñer o balón lonxe do alcance de Iván.
Reservando efectivos, a medida que pasaban os minutos o Pontevedra atopábase máis seguro e aproveitaba que o Vilalonga acusaba o esforzo físico. Así se chegaba o final cunha vitoria granate, xusta, pero sen demasiado brillo.
VILALONGA F.C. (1): Iván; Iago (Gabri, min. 46), Santos, Costas, Carlos (Nico, min. 52); Bisti (Carlos, min. 63); Calo (Héctor, min. 46), Guerra (Campos, min. 46), Brian (Dani, min. 46), Saúl (Jorge, min. 46); e Javi (Marcos, min. 46).
PONTEVEDRA C.F. (2): Brian; Santi (Expósito, min. 52), Ángel, Pol Bueso (Nacho López min. 70), López; Sa (Garrido, min. 60), Antón (David Veiga, min. 60); Javi López, Mouriño, Guisande (Javi Pazos, min. 60); e Rivera (Samu, min. 52).
Árbitro: Pérez Malvido (Pontevedra). Amoestou a Iago e a Campos, do Villalonga.
Goles: (0-1) Minuto 27: Mouriño. (1-1) Minuto 40: Brian. (1-2) Minuto 48: Mouriño.
Incidencias: Campo Novo San Pedro (Vilalonga). Trofeo Bar Bocatería O'Spa. Uns 150 espectadores.
Relacionadas:
-
Pegada e bo fútbol do Pontevedra para golear ao Arosa (0-4)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Afina a posta a punto o Pontevedra mellorando a súa imaxe fronte ao Mondariz (0-3)
Por Redacción |
-
O Pontevedra agarda pechar un mediocentro antes do primeiro partido de liga
Por Manu Otero |
-
Edu e os penaltis fan sorrir ao Pontevedra en Vilalba (1-1)
Por Redacción |