O Arxil Mafari volverá competir na liga galega, que suma dous novos equipos e divídese en dous grupos
Por Redacción
O Arxil Mafari xa ten folla de ruta para a próxima tempada. O filial verde volverá competir na primeira división autonómica, que este ano experimentará profundas variacións.
A categoría pasa de 14 a 16 equipos e por primeira vez dividirase en dous grupos: norte e sur. Os catro primeiros de cada grupo disputarán un play- off polo título e ascenso, mentres que os catro últimos xogaranse o descenso en eliminatorias directas. A competición empezará o 20 de outubro.
Doutra banda, o Mafari pecha a incorporación de Uxia Sureda, que chega a Pontevedra procedente do Ensino de Lugo para estudar Ciencias do Deporte e continuar coa súa carreira no baloncesto nas filas do Arxil. Trátase dunha xogadora de 1,84 centímetros de altura que se desenvolve ben nas posicións de pivote e alapívot.
Relacionadas:
-
O Arxil volve á carga tras as vacacións
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
O verán tamén está para xogar ao baloncesto no 3x3 do Arxil
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O 'Street Basket' máis solidario celébrase en Pontevedra
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
O Arxil remodela o corpo técnico para a nova tempada
Por Almu Dapena |
-
O Arxil volve renunciar por motivos económicos ao ascenso do seu filial a Primeira Nacional
Por Redacción |
-
O filial do Arxil ascende a Primeira Nacional
Por Redacción |