A Carreira Popular de Pintos celebra a súa 34 edición
Por Almu Dapena
Un ano máis, a Asociación Cultural O Máis Alto de Marcón organiza a Carreira Popular de Pintos coa súa 34 edición.
A celebración será este sábado 17 de agosto en Pintos, Marcón, e todo o que queira participar deberá inscribirse entre as 16:00 e as 17:30 horas, momento no que empezarán as probas que estarán divididas en categorías de idade e sexo, comezando desde os máis pequenos.
A carreira contará coa presenza de deportistas de distintas disciplinas, algunhas do atletismo ou do tríatlon, así como a colaboración de veciños e entidades. Ao finalizar a carreira, todos os participantes terán un pequeno agasallo e empanada gratis. Ademais, as diferentes probas servirán para quentar motores antes do final da xornada na que se realizarán os tradicionais sorteos para os que hai rifas á venda.
Así mesmo, e como leva realizando desde hai uns anos, a Asociación colabora con Rede Axuda para que todo o que poida colabore con produtos lácteos ou infantís para a xente que o necesita.