O cisneísta Álvaro Preciado destaca no mundial xuvenil
Por Redacción
A selección española está a disputar estes días en Macedonia do Norte o campionato do mundo de categoría xuvenil. O combinado que dirixe Alberto Suárez disputa este luns o último encontro da fase de grupos co pase á seguinte rolda xa nas súas mans. Un dos xogadores máis destacados da Selección está a ser o xogador do Cisne, Álvaro Preciado.
O lateral esquerdo do conxunto pontevedrés está a destaparse como unha peza fundamental no xogo de España. No primeiro encontro do campionato, no que derrotaron a Arabia Saudita, Prezado foi un dos máximos goleadores do equipo. A súa cota anotadora reduciuse lixeiramente no segundo partido da fase de grupos no que empataron con Noruega, pero no seguinte duelo ante Eslovenia volveu ratificarse como un dos máximos goleadores do equipo, o mesmo que no último partido contra Chile.
O xogador do Cisne acumula once tantos nos catro partidos disputados ata o momento.
Relacionadas:
-
Álvaro Preciado, convocado pola Selección Española Júnior para o Torneo IV Nacións
Por Redacción |
-
O Cisne métese nas semifinais da Copa Galicia ao gañar con autoridade ao Ribeiro (16-36)
Por Redacción |
-
O Cisne avanza na Copa Galicia á conta do Teucro B (19-33)
Por Redacción |
-
Pablo Domínguez volve ao Cisne como director deportivo da canteira
Por Redacción |