Medalla de prata para Alicia Bouzas no Nacional Infantil de natación
Por Redacción
O Campionato de España de Natación Infantil que se está celebrando estes días en Barcelona deixou unha grata noticia para o deporte pontevedrés.
Alicia Bouzas conseguiu este luns subirse ao segundo chanzo do podio e facerse cunha medalla de prata na proba dos 400 libre.
A deportista do Club Natación Galaico clasificouse para a final cun tempo de 4:31.72, rexistro que rebaixou na quenda definitiva para conseguir a súa mellor marca persoal con 4:28.98.
Bouzas só foi superada por Elena Margüello (CN Las Anclas), que marcou un tempo de 4:27.61, mentres que o bronce foi para Cristina Ciobanu (Club Deportivo Nados Castellón) cunha marca de 4:30.78.
O Campionato de España Infantil péchase este martes nas piscinas barcelonesas de Picornell con Alicia Bouzas nadando a proba de 800 libre.
Relacionadas:
-
María Vilas e Bea Gómez son subcampionas de España
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Alicia Bouzas pecha o Nacional Infantil de natación coa súa segunda medalla, no 800 libre
Por Redacción |
-
O Campionato Galego Absoluto de natación queda na casa
Por Redacción |
-
A promesa do Galaico con diabetes que cambiou o regulamento da natación
Por Manu Otero |
-
O Galaico pecha o Nacional de Augas Abertas subindo ao podio nas probas por equipos
Por Redacción |