Centos de batallas granates, reunidas nunha cea
Por Redacción
Centos e centos de historias e batallas da historia do Pontevedra Club de Fútbol reunidos ante unha mesa e mantel.
O Hotel Restaurante Martín Esperanza, en Portonovo, acolleu a fin de semana unha reunión de ex-futbolistas granates de varias xeracións, desde a do mítico 'Hai que roelo'.
Tamén lles acompañaron algúns afeccionados ilustres, como os socios número 3 e 4 da entidade, Seve Penelas e Manuel Barreiro.
Todos eles gozaron dunha velada "chea de anécdotas", explicou un dos protagonistas, Luís Rivas.
Á cita acudiron, ademais do propio Luís Rivas e Martín Esperanza, ex-xogadores como Canosa, Amador, Camilo Abeledo, Benito Rivas, José Emilio, Fortes, Albino, Magdalena, José Abeledo, Tuto, Bea, Paquito e Juan Fermín.