O Arxil pecha o plantel coa fichaxe de Natalia López
Por Redacción
O Arxil pecha o plantel coa contratación de Natalia López, procedente do Patatas Hijolusa de León.
A xogadora leonesa, que creceu no club da súa cidade co que chegou a ser internacional en categorías inferiores e pasar despois unha tampada no Estudiantes antes de regresar a súa casa, destaca pola súa polivalencia. Pode desenvolverse nas posicións de base, alero ou escolta e desde a directiva do club pontevedrés destacan a súa ampla experiencia en Liga Feminina 2.
Aos seus 26 anos e con 176 centímetros de altura, López destaca polo seu acerto nos tiros de campo. Desde a liña de tres atesoura un acerto do 33 %, un cociente que se dobre nos lanzamentos de dous puntos cunha precisón de 60 % e do 90 % en tiros libres. Tamén sobresae a súa faceta defensiva, cunha media reboteadora de 2,4 capturas por partido e de 3,3 tendo en conta tamén os rebotes ofensivos.
"Creo que é unha xogadora que nos pode axudar moito en defensa e en ataque. Estou convencido que se vai adaptar moi ben ao xogo do Arxil xa que tanto León como nós xogamos parecido" afirma o presidente do Arxil, Lino Vázquez.
Coa fichaxe de Natalia López, o Arxil pecha un plantel que queda integrado por Adriana Aparicio, Noa Casalderrey, Marga Moreira, Cristina Díaz- Pache, Carla Fernández, María Lago e Aldara Vázquez ademais das novas Heather Fooster e Linnea Rosendal. Así mesmo, o club conta con que varias xogadoras do filial gañen este ano máis protagonismo no primeiro equipo.