O Pontevedra preséntase ante os seus afeccionados como "un equipo ambicioso"
Por Diego Espiño & Diego Torrado
A céntrica Praza do Teucro foi o escenario elixido este luns polo Pontevedra Club de Fútbol para realizar a presentación ante os seus afeccionados da nova tempada deportiva que está a piques de comezar.
Foi un acto sinxelo, pero suficiente para transmitir aos seguidores granates toda unha declaración de intencións.
"Tenemos un equipo ambicioso, queremos seguir mejorando y no nos conformamos", sinalou na súa intervención o adestrador do equipo pontevedrés, Luismi.
Antes, o capitán Edu Sousa mostrouse confiado en que "este año conseguiremos nuestro objetivo", opinión baseada nas impresións que lle causan tanto o club como os seus compañeiros. "Me han transmitido ilusión, me han prometido trabajo y veo gente humilde", sinalou o gardameta tras os breves discursos de Rivera en representación da canteira e de Manolo Barreiro, histórico socio da entidade.
Os futbolistas do primeiro plantel, incluída a última fichaxe Brian Jaén, cruzaron a praza entre os afeccionados para subir ao escenario. Entre eles estaban tamén algúns canteiráns que se exercitan habitualmente co equipo, faltando entre estes nomes Iñaki, Pacheco ou os irmáns Barbeito, pendentes de definir o seu futuro. Tamén pisaron finalmente o escenario tanto a persidenta, Lupe Murillo, como os seus compañeiros no Consello de Administración.
A presentación concluíu cun concerto dos Black Stones, banda local que celebra o seu 50 aniversario.
Relacionadas:
-
O papel que xogou Igor de Souza na fichaxe de Alfredo Mejía polo Pontevedra
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra agarda pechar un mediocentro antes do primeiro partido de liga
Por Manu Otero |
-
"No tenemos el equipo al 100%, hay que tener paciencia", asegura Luismi ante os resultados da pretempada
Por Diego Espiño |
-
Un Pontevedra sen pólvora non pode nin co Estradense nin co UD Ourense
Por Sofía Lorenzo |
-
Fixan en 8 euros as entradas para o partido benéfico entre Pontevedra e Castilla
Por Redacción |
-
O trofeo Luís Otero queda na casa tras a vitoria pola mínima do Pontevedra ante o Racing de Ferrol (1-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Pontevedra fai oficial a saída dos irmáns Barbeito, Iñaki e Pacheco ao Rápido de Bouzas
Por Diego Espiño |
-
Unha cesión a Terceira División, opción para os canteiráns Iñaki, Pacheco e os irmáns Barbeito
Por Diego Espiño |
-
O porteiro andaluz Brian Jaén, sexta fichaxe do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O lateral esquerdo Álvaro Naveira únese ao Pontevedra por dous anos
Por Sofía Lorenzo |
-
O trofeo Luis Otero, unha xoia de Sargadelos
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra abre a campaña de socios co prezo dos abonos conxelados
Por Manu Otero |
-
Lupe Murillo aos xogadores: "Quero que sexades un plantel de playoff e ascenso"
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra traspasa a David Castro ao Valencia
Por Manu Otero |