Adriana Aparicio queda un ano máis no Arxil
Por Redacción
O Arxil continúa moldeando a plantilla do primeiro equipo para a próxima tempada 2019-20. A última confirmación é a renovación do contrato da xoven Adriana Aparicio.
A xogadora exterior chegou ao club pontevedrés o pasado verán procedente do Avenida Júnior, polo que este ano comezará o seu segundo ano no Arxil. A pesar de ser unha parte importante da escuadra durante os primeiros compases do pasado curso, dous meses de baixa por enfermidade cortaron a súa progresión e traballo na cancha local.
Pero agora dispón dunha nova oportunidade e Aparicio asegura que "estou moi ilusionada e con ganas de empezar, de coñecer os novos equipos e poder competir como sabemos facelo. Imos ir a por todas".
Despois da última renovación de Noa Casalderrey, Adriana Aparicio súmase a esta e a Carla Fernández, Aldara Vázquez, María Lago, Cris Díaz-Pache, Linnea Rosendal e Fooster para afrontar este ano en Liga Feminina 2.
Relacionadas:
-
O Arxil pecha o plantel coa fichaxe de Natalia López
Por Redacción |
-
O Arxil recibirá ao Celta Zorka no primeiro partido de liga
Por Manu Otero |
-
Noa Casalderrey amplía o seu contrato co Arxil
Por Redacción |
-
Marga Moreira firma unha tempada máis co Arxil
Por Sofía Lorenzo |
-
Aldara Vázquez, sexta xogadora confirmada para o próximo curso do Arxil
Por Manu Otero |