O Pontevedra abre a campaña de socios co prezo dos abonos conxelados
Por Manu Otero
Xa está en marcha a campaña de socios do Pontevedra para a tempada 2019-2020 na que, por cuarto ano consecutivo, os prezos dos abonos permanecen conxelados.
Os afeccionados máis fieis poderán pasar polas oficinas do club en Pasarón a partir deste xoves para renovar o seu compromiso co equipo granate por unha tempada máis. Ademais, este ano a directiva pon en marcha interesantes promocións para incrementar a súa masa social.
Os socios sénior que renoven o seu carné e leven a dous novos abonados obterán un desconto do 30% na súa cota. Mentres que os xubilados, bonificados ou xuvenís obterán a mesma redución se achegan dúas mesmos socios da mesma categoría e bancada, aínda que esta promoción só é válida ata o 31 de xullo.
As familias de catro ou máis membros tamén teñen dereito a unha rebaixa do 10 % nos dous carnés máis caros.
O Pontevedra leva sen actualizar os prezos dos socios desde o regreso do club a Segunda B. Só ao comezo da segunda tempada na categoría de bronce subiron 10 euros o prezo das peñas de Fondo Sur para equiparalas coa tribuna oposta.
Os abonados sénior terán que pagar 220 euros por unha butaca de Tribuna, 150 euros, por unha de Preferencia: 90 euros, por unha de Fondo Norte; e 80 euros; por unha de Fondo Sur.
O prezo dos abonados para xubilados permanece en 125, 100, 70 e 60 euros para as bancadas anteriormente relatadas. Os bonificados (estudantes de entre 19 e 23 anos, desempregados con antigüidade superior a 6 meses ou persoas con discapacidade laboral total) pagarán 110, 75, 70 ou 60 euros en función da bancada desexada.
Para o colectivo de menores de idade, o Pontevedra establece tres divisións. O abono xuvenil, para persoas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos, ten un custo de 60, 55 e 50 euros en función da bancada: o abono infantil, entre os 7 e 13 anos, vale 40, 35 ou 30 euros; e o baby, para menores de 7 anos, ten un valor de 10 euros para calquera das bancadas.
Un pase para o palco está valorado en 600 euros, mentres que os peñistas pagarán 70 euros.
O abono ordinario, en calquera dos seus tramos de idade, só dará acceso aos partidos de liga e ao trofeo amigable Luís Otero que enfrontará, o mércores 24 de xullo, a Pontevedra e Racing de Ferrol en Pasarón. No resto de partidos, os socios terán que retirar entrada salvo que dispoñan do abono plus, un suplemento de 20 euros (10 euros máis que o curso anterior), que dá acceso a todos os partidos.
Puntualizan desde o club, que se o equipo se clasifíca para a fase de ascenso todos os socios, sexan Plus ou non, terán que pasar por despacho de billetes para retirar a súa entrada.
Relacionadas:
-
O Pontevedra preséntase ante os seus afeccionados como "un equipo ambicioso"
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O porteiro andaluz Brian Jaén, sexta fichaxe do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra prepara unha campaña de socios "más potente" sen subir o prezo dos carnés
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra mantén prezos dos abonos e pecha o calendario de pretemporada
Por Ramiro Espiño |
-
75 anos #latexandoporti, o Pontevedra mantén prezos na súa nova campaña de abonados
Por Diego Espiño |
-
Suba de prezos nos carnés de socio para Segunda B
Por Diego Espiño |