España xogará un amigable en Redondela previo ao Mundial Júnior de Pontevedra e Vigo
Por Redacción
O Campionato do Mundo Júnior de balonmán que se disputará en Pontevedra e Vigo está ao virar a esquina.
O Pavillón Municipal dos Deportes acollerá o próximo 16 de xullo a cerimonia de inauguración e o primeiro partido da Selección Española no torneo, ante Estados Unidos (21:00 horas), pero antes os Hispanos Júnior fixaron un último test preparatorio xa en terras galegas.
O combinado nacional aterra este xoves na provincia, e anunciou un partido amigable para o sábado día 13 que se xogará en Redondela.
A partir das 19:00 horas e con entrada de balde, o equipo adestrado por Isidoro Martínez enfrontaranse a Chile, selección que participará no Grupo D (Alemaña, Islandia, Noruega, Arxentina, Dinamarca, Chile) da primeira fase mundialista, que terá a súa sede en Pontevedra do mesmo xeito que o Grupo C (Portugal, Croacia, Hungría, Brasil, Barhein, Kósovo).
Para completar os amigables previos, a Federación Galega de Balonmán sinalou ademais que o domingo 14 (11:00 horas) chapela acollerá ademais un partido entre Arxentina e Xapón.
Relacionadas:
-
Os Hispanos júnior gañan o partido ante Chile previo ao Mundial
Por Sofía Lorenzo |
-
Á venda as entradas e abonos do Mundial Júnior de Balonmán de Pontevedra e Vigo
Por Diego Espiño |
-
A inauguración e o debut de España no Mundial Júnior de balonmán serán en Pontevedra
Por Redacción |
-
España dá a coñecer a pre-lista de xogadores para o Mundial Júnior de balonmán de Pontevedra e Vigo
Por Redacción |
-
O Mundial Júnior de Balonmán de Vigo e Pontevedra desvela o seu cadro de competición
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |