O Supermercados Froiz pecha a temporada competindo en Galicia
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz termina o ano do seu vixésimo quinto aniversario coa disputa do Díptico Internacional de Galicia.
A carreira, que se celebra en Vigo, consta de dous días de competición con tres probas diferenciadas: Unha circuitada de eliminación e puntos, unha cronoescalada e unha carreira de fondo.
Evaristo Portela contará con Antonio de Segovia como principal baza acompañado polo terceiro clasificado da última Volta a Galicia, Miguel Gómez. O director do equipo recoñece que "é unha oportunidade de facer un gran colofón a un exercicio brillante".
Inicialmente, o Súper Froiz tiña o compromiso de disputar a Vuelta a Cantabria, pero o cambio de datas do Díptico, que se ía disputar en agosto, fixo que o conxunto pontevedrés decidise renunciar á cita cántabra.