Satisfacción no CCD Sanxenxo tras o seu primeiro Torneo Internacional ITF Sénior
Por Redacción
Era só a súa primeira edición, pero o Torneo Internacional ITF Sénior de Sanxenxo estreouse con bo pé e deixando unha sensación de satisfacción na organización do Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo.
Tras a súa ampla experiencia cos torneos júnior e cadete, ambos de grao 1 na catalogación da federación internacional, o club sanxenxino decidiuse a apostar por unha competición de veteranos.
"O ITF Sénior é o circuíto internacional máis importante de tenis para veteranos, este circuíto de torneos ten a virtude de que aúna o lóxico interese pola competición, cunha parte lúdica e turística. Moitos xogadores veñen acompañados das súas parellas e aproveitan a viaxe ao torneo para facer turismo e coñecer este marabilloso recuncho de España", valora o presidente do club, Paco Hernández.
O resultado foi unha participación moi diversa que deixa aos responsables do CCD Sanxenxo "moi contentos", recoñece Noli Álvarez. O director deportivo do club resaltou que "tivemos xogadores de América do Norte, Centroamérica e América do Sur e de diferentes países de Europa".
Ademais varios representantes locais plantáronse nas finais individuais, como Antonio Cuña, Fernando Leiro, Ángel Balboa, Antón Hernández, Alberto Martínez e José Padín.
Por todo iso o CCD Sanxenxo xa pensan en repetir en futuras edicións. "Estamos seguros de que iniciamos unha andaina na que aos poucos conseguiremos que o torneo suba de categoría", asegurou Noli Álvarez.
Relacionadas:
-
A Federación Internacional de Tenis premia o Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo
Por Redacción |
-
Os equipos de pádel do CCD Sanxenxo chegan ás Series Nacionais
Por Redacción |
-
A croata Tara Wurth e o danés Elmer Moller, vencedores do Torneo Internacional Júnior de tenis de Sanxenxo
Por Redacción |
-
A húngara Toth e o noruegués Hoeyeraal levan o ITF Júnior de Pontevedra
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas avanza con paso firme no Torneo Internacional ITF Júnior de Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Torneo Júnior ITF de Sanxenxo logra o salto á máxima categoría internacional
Por Redacción |