Jorge Punzón e Irene Trabazo, vencedores do XI Open BTT Concello de Poio
Por Redacción & Diego Torrado
A Copa Galicia de BTT na modalidade de Cros Country Olímpico ( XCO) chegou este domingo ao seu final en Samieira.
Alí celebrábase a XI edición do Open BTT Concello de Poio, coa presenza de mñas de 130 deportistas nas diferentes categorías.
Na masculina elite e sub-23, o vencedor foi Jorge Punzón (1:24:45), seguido de Estefan González (1:25:19) e Alberto Pedreira (1:28:43).
Pola súa banda o podio feminino encabezouno a marinense Irene Trabazo (1:35:52) por diante de Josefina Casadey e Desirée Fernández.
Tamén se impuxeron Ricardo Martín Buba en idade cadete, Ismael Rodríguez e Andrea García en júnior, Diego Rey en máster 30, Alejandro Trabach en máster 40, Miguel Castro en máster 50 e José Manuel González en máster 60.