Gómez Noya, Mola, Alarza e Miriam Casillas, entre os deportistas con praza para o Pro Tour de Pontevedra
Por Redacción
A tres meses de que Pontevedra estree o Pro Tour de tríatlon, nova competición deseñada pola Federación Española, xa se coñecen máis da metade dos deportistas que estarán presentes na cita.
En concreto son 42 os nomes asegurados das 80 prazas dispoñibles, 40 en categoría masculina e 40 na feminina, para un Pro Tour que se celebrará os días 12 e 13 de outubro.
Poucas variacións espéranse no ránking ITU de clasificación olímpica, onde se reparten 4 prazas en cada categoría tendo en conta as posicións tras a Gran Final das Series Mundiais en Lausanne, Suíza, a última fin de semana de agosto. Mediante esta vía ten xa segura a súa presenza en Pontevedra unha das grandes figuras locais, Javier Gómez Noya, xunto a Mario Mola, Fernando Alarza e o vigués Antonio Serrat na categoría masculina e Miriam Casillas, Anna Godoy, Sara Pérez e Marta Sánchez na feminina. Quintos son actualmente Cecilia Santamaría e Vicente Hernández, sen praza para o Pro Tour.
Ademais ten nome xa as 17 prazas masculinas e femininas correspondentes aos primeiros clasificados do Campionato de España Sprint disputado en Roquetas de Mar: Tamara Gómez, Xisca Tous, Marta Sánchez, Laura Gómez, María Rico, Noelia Juan, Sara Guerrero, Claudia Pérez, Paula Herrero, Ana Mariblanca, Marta Pintanel, Raquel Aróstegui, Paula García Godino, Sofia Aguayo, Sonia Ruiz, Ana María Santiso e Edymar Brea na proba feminina e Alberto González, Jordi García, David Castro, Romaric Forqués, Ignacio González, Genís Grau, Andrés Cendán, Iván Gil, Javier Romo, Carlos Oliver, Héctor Arévalo, Kevin Tarek Viñuela, Alberto Castiñeira, Camilo Puertas, Antonio Benito, Guillem Montiel e Albert Parreño na competición masculina.
Outras 17 prazas por categoría poñeranse en xogo no Campionato de España de Distancia Olímpica previsto para o 28 e 29 de setembro na Coruña.
Non conseguiron polo momento a súa clasificación dúas dos referentes do tríatlon pontevedrés como Pablo Dapena e Saleta Castro, aínda que todo apunta a que serían dos deportistas (dous por categoría) que pode seleccionar a dirección técnica da Federación e a cidade sede da competición mediante invitación.
A primeira edición do Pro Tour de tríatlon, cun formato con carreiras sprint que foi explicado na súa presentación na Boa Vila, contará coa maior bolsa de premios habilitada nunha competición nacional, 36.000 euros.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Así será o percorrido do Pro Tour de tríatlon que se estrea en Pontevedra
Por Redacción |
-
O Pro Tour de tríatlon redondea a súa estrea en Pontevedra con tres campións mundiais e un cartel de luxo
Por Diego Espiño |
-
As derradeiras prazas do Pro Tour, en xogo no Nacional da Coruña
Por Redacción |
-
O dúo que forma aos herdeiros de Gómez Noya
Por Manu Otero |
-
O campionato galego de triatlón reunirá en Pontevedra a máis de 550 deportistas
Por Manu Otero |
-
Gómez Noya abandona as Series Mundiais de Edmonton tras caer da bicicleta
Por Sofía Lorenzo |
-
O tríatlon nacional estreará outra nova competición en Pontevedra, o Campionato de España Contrarreloxo Individual
Por Diego Espiño |
-
O adestrador de Gómez Noya é o novo director deportivo a Federación Galega de Tríatlon
Por Manu Otero |
-
Gómez Noya colócase segundo nas Series Mundiais tras ser oitavo en Hamburgo
Por Diego Espiño |
-
Mario Mola, prata nas Series Mundiais en Montreal e Gómez Noya queda fóra do podio
Por Sofía Lorenzo |
-
VÍDEO.- Presentan a primeira edición do Pro Tour de tríatlon que acollerá Pontevedra en outubro
Por Diego Espiño |