O secretario xeral para o Deporte visita o campus do Arxil
Por Redacción
Os pavillóns Universitario e do Centro Galego de Tecnificación Deportiva centran estes días a actividade do campus de tecnificación do Club Baloncesto Arxil.
Na súa terceira xornada a iniciativa, destinada ás categorías de base, contou co apoio do secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, que se achegou ata o CGTD,
Acompañado polo director do centro, Jesús López, o máximo responsable do deporte autonómico compartiu experiencias coas novas xogadoras do Arxil e participou no taller de vendaxe que impartía neses momentos Aldara Vázquez, xogadora do club e fisioterapeuta de formación.
Ao longo destas xornadas, ademais de recibir consellos e adestramento de baloncesto, as participantes no campus recibiron a visita de xogadoras do equipo de Liga Feminina 2 como María Lago e Carla Fernández.
O minicampus do Club Baloncesto Arxil prolongarase ata o venres 28 de xuño en horario de 9:00 a 14:30 horas.
Relacionadas:
-
O Arxil formaliza a súa inscrición un ano máis na Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
María Lago, oito tempadas no Arxil e a piques de comezar a novena
Por Sofía Lorenzo |
-
A aleiro sueca Linnea Rosendal, primeira fichaxe do Arxil
Por Redacción |
-
Continuidade no corpo técnico do Arxil para a nova tempada en LF2
Por Redacción |
-
Paixón polo baloncesto na 18 edición do 3x3 escolar do Arxil
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Arxil traballa na chegada de tres fichaxes
Por Redacción |