O plantel do Cisne, a un paso de pecharse tras a renovación de Juan Novás e a fichaxe de Dani López
Por Redacción
O plantel do Club Cisne Balonmán quedou practicamente definido cos últimos movementos confirmados pola entidade.
O conxunto pontevedrés conta xa con 15 xogadores confirmados para a próxima tempada, na que volverá competir na División de Honra Prata.
As últimas novidades ata a data foron a renovación do gardameta Juan Novás e a fichaxe do extremo dereito Dani López.
Novás manterá o dúo na portería do último curso con Jorge Villamarín coa idea de "axudar en todo o posible a cumprir os obxectivos", sinalou, mentres que o extremo declarou estar "moi contento de volver a casa", ao regresar ao club cineísta tras militar o último ano no Atlético Bueu.
Dani López e Juan Novás completan unha nómina de xogadores na que tamén figuran Jorge Villamarín, Andrés Sánchez, Pablo Picallo, Álvaro Preciado, José Leiras, Bruno Vázquez, Alejandro Conde, Álex Chan, Javi Vázquez, David Chapela, Dani Ramos, Iván Calvo e Pablo Gayoso.
Relacionadas:
-
Pablo Domínguez volve ao Cisne como director deportivo da canteira
Por Redacción |
-
Miguel Simón acepta seguir un ano máis no Cisne
Por Redacción |
-
Sorteado o calendario da División de Honra Prata, cun derbi entre Novás e Cisne para comezar
Por Diego Espiño |
-
A Federación convoca a catro cisneístas no CAR de Sierra Nevada
Por Sofía Lorenzo |
-
Jorge Villamarín continurá defendendo a portería cisneísta un ano máis
Por Sofía Lorenzo |
-
O 'último' servizo de Pablo Picallo ao Cisne
Por Redacción |