O Poio Pescamar bota o ferrollo á súa portería coa renovación de Silvia Aguete e a fichaxe de Caridad García
Por Redacción
Paso importante do Poio Pescamar na planificación da próxima tempada, na que se asegurou ter unha das porterías máis competitivas da Primeira División.
O conxunto conserveiro anunciou a renovación de Silvia Aguete, internacional coa Selección Española e nomeada esta campaña segunda mellor gardameta do mundo, e ademais fíxose cos servizos dunha gardameta coa que compartiu convocatorias no equipo nacional a pesar da súa mocidade.
Trátase de Caridad García, porteira que chega procedente do Guadalcacín, recentemente descendido da Primeira División e que debutou hai un ano, con só 18 primaveras, no combinado nacional absoluto.
A gardameta andaluza comprométese co Poio Pescamar para as tres próximas tempadas, sendo a segunda fichaxe do equipo.
Ambas se unen a unha lista de xogadoras nas que figuran as renovadas Antía Pérez e Carol Agulla e a fichada Andrea Feijóo, plantel no que non estarán dúas pezas importantes dos últimos anos como Jenny Lores e Ale de Paz.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar ficha ao adestrador do Leis, Raúl Jiménez
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar inicia a liga cun derbi en Burela
Por Manu Otero |
-
Dani Díaz non seguirá á fronte do Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
Ceci marcha do Poio Pescamar, que renova a Iria Saeta e Daniella Sousa
Por Diego Espiño |
-
Carol Agulla e Antía Pérez renovan por dúas tempadas co Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar incorpora a Andrea Feijóo, internacional e unha das máximas goleadoras da liga
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar segue condenado a perder en cuartos de Copa, esta vez ante o Ourense Envialia (1-0)
Por Sofía Lorenzo |