Falece un militar da Brilat nun partido de veteranos do rugby
Por Redacción
Un militar da Brilat faleceu este sábado no transcurso dun partido de veteranos de rugby disputado no campo da Malata, en Ferrol. Trátase de Juan Luís Peña de Castro, comandante de Intendencia do Exército de Terra.
Segundo informan desde Galicia Ártabra, Juan Luís Peña, de 52 anos, natural da Coruña, desplomouse durante o partido sen que se puidese facer nada por salvarlle a vida.
Inmediatamente foi atendido por tres médicos que se atopaban no encontro e en poucos minutos chegou unha ambulancia medicalizada de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 pero os intentos por reanimalo foron inútiles.