O Team Thunder triunfa e coróase campión da Liga Galega de boxeo
Por Sofía Lorenzo
A Liga Galega de boxeo chegou esta fin de semana á súa fin e o Team Thunder, que viaxou coa presión de manter o liderado na clasificación xeral, non puido obter mellores resultados. Este sábado tivo lugar a última xornada da mesma, na que participaron máis de 30 mozos deportistas do club marinense, que se coroou campión da competición grazas ao bo traballo do seu equipo.
Por unha banda, Martín Grandio, Lucas Hermida e Xoan Villanueva lideraron as súas categorías. Por outra, Eloy Barcia, cunha segunda posición, Eusebio Moreira e Sara Barreiro, ambos na terceira (cada un no seu grupo), e o resto da plantilla marinensa cumpriron coas expectativas e lograron puntuar o suficiente, non só para manterse na cabeza, senón tamén para meterse, finalmente, a competición no peto.
Desta maneira, os deportistas do Thunder defenderon a súa posición e, por medio dun traballo duro, chegan a ser o mellor equipo de boxeo de Galicia. Supón, ademais, un gran éxito para a base do club, que continúa crecendo, sendo, hoxe en día, un dos máis numerosos a nivel autonómico.
Despois da celebración toca pensar no seguinte reto, e é que, o próximo mes de outubro, Marín será sede do Campionato de España de Boxeo Infantil. Cita na que esperan recibir a varios centenares de mozos participantes.
Relacionadas:
-
Aarón González prepara o seu regreso á Selección Española cun triunfo no País Vasco
Por Redacción |
-
Boxeo para todas as idades en Marín co Campionato de España de Formas
Por Redacción |
-
Amancio Martínez, do Team Thunder, ao campionato de España de categoría xuvenil
Por Manu Otero |
-
Aarón González regresa á Selección Española de boxeo
Por Redacción |
-
A Cañota, ata os topes coa Copa Galicia de boxeo
Por Redacción |
-
O Team Thunder apura os preparativos para a II Copa Galicia de Boxeo
Por Redacción |
-
Vitoria e boa imaxe de Aarón González na velada das Arenas, en Barcelona
Por Redacción |