25 anos do Centro Galego de Tecnificación Deportiva
Por Diego Espiño
Era o ano 1988 cando o Centro Galego de Tecnificación Deportiva abría as súas portas coa presenza de 11 deportistas, todos eles nadadores.
Lonxe queda unha instalación con poucos recursos e alumnos. Agora, son 171 os usuarios de diferentes disciplinas que soñan con seguir os pasos dos 20 deportistas que dende a instalación pontevedresa chegaron a disputar os Xogos Olímpicos, conseguindo en total ata 11 medallas.
A todos eles se lles fixo unha homenaxe nun acto celebrado no pavillón do centro. Alí estaban presentes 14 deles: Gustavo Nieves, Jacobo Maroño, Ana Penas, Beatriz Gómez, David Mascato, Teresa Portela, Jacobo Suárez, José Manuel Crespo, Jovino González, Horacio Allegue, Alfredo Bea, Juan Zunzunegui, Ramón Ferro e Miguel Ángel Álvarez.
Entre os seis ausentes Paula Carballido, María Abel e os medallistas olímpicos David Cal (5 metais), Pablo Cimadevila (4), Carlos Pérez (1) e Javier Gómez Noya (1).
O acto contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo, o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores e o secretario de Estado para o Deporte, Miguel Cardenal.