Punta Cabicastro, parada por quinto ano do circuíto galego de ciclismo BTT
Por Redacción
Portonovo volverá centrar a atención do BTT autonómico por un día coa celebración do V XCO de Sanxenxo e unha proba de Mini BTT.
Entre ambos os eventos daranse cita no circuíto habilitado en Punta Cabicastro máis de 600 ciclistas de todas as idades.
A actividade dará comezo o sábado 22 de xuño ás 10:30 horas coa carreira de Mini BTT, mentres que en horario de tarde (desde 16:30 horas) será a quenda da competición de XCO.
Na primeira das citas competirán ata 441 deportistas, mentres que nas carreiras da tarde para cadetes, júnior, sub-23, elite e veteranos inscribíronse 160 ciclistas.
Ambas as dúas competicións foron presentadas polo concelleiro de Deportes de Sanxenxo, Daniel Arosa, e o presidente do club organizador (Team Corbelo), Iván Pérez.