José Leiras, décimo xogador confirmado para o novo proxecto do Cisne
Por Redacción
O plantel do Club Cisne Balonmán empeza a estar xa definido pensando no que será o seu quinto curso consecutivo na División de honra Prata do balonmán nacional.
O conxunto pontevedrés, con Jabato como director de orquestra desde o banco, conta xa con 10 xogadores confirmados para a próxima tempada.
A última negociación en frutificar foi a de José Leiras, que continuará un ano máis no Cisne.
"Seguro será un reto", asegurou o extremo dereito, de só 18 anos de idade.
Xunto a José Leiras o conxunto cineísta confirmou a Javi Vázquez, Álvaro Preciado, Daniel Ramos, Pablo Gayoso, Álex Chan, Alejandro Conde, Andrés Sánchez, David Chapela e Iván Calvo.
Relacionadas:
-
Jorge Villamarín continurá defendendo a portería cisneísta un ano máis
Por Sofía Lorenzo |
-
O 'último' servizo de Pablo Picallo ao Cisne
Por Redacción |
-
Álvaro Preciado dá continuidade ás renovacións no Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne apontoa a súa defensa coa fichaxe de Iván Calvo
Por Manu Otero |
-
Andrés Sánchez, a piques de sumar máis dunha década no Cisne
Por Sofía Lorenzo |
-
O Cisne pecha a fichaxe de Iván Calvo e prepara unha xornada de captación para a súa base
Por Redacción |
-
Javi Vázquez, toda unha vida no Cisne
Por Redacción |