Álvaro Preciado dá continuidade ás renovacións no Cisne
Por Redacción
O Club Cisne dá continuidade ás renovacións no primeiro plantel asegurando a continuidade dun home da casa, unha das novas promesas chamadas a gañar protagonismo no equipo da División de Honra Prata.
Trátase de Álvaro Preciado, que seguirá polo menos unha tempada máis defendendo as cores do club cineísta na segunda categoría do balonmán nacional.
O lateral esquerdo pontevedrés, internacional en categoría júnior, recoñeceu tras o acordo que "desde un primeiro momento a única opción que barallaba era continuar no equipo e por iso estou moi feliz".
Coa confirmación, Jabato empeza a debuxar o plantel que terá á súa disposición pensando no próximo curso.
Polo momento, ademais do propio Álvaro Preciado, renovaron Javi Vázquez, Daniel Ramos, Pablo Gayoso, Álex Chan, Alejandro Conde e Andrés Sánchez, mentres que se sumaron ao proxecto como fichaxes David Chapela e Iván Calvo.
Relacionadas:
-
Jorge Villamarín continurá defendendo a portería cisneísta un ano máis
Por Sofía Lorenzo |
-
O 'último' servizo de Pablo Picallo ao Cisne
Por Redacción |
-
José Leiras, décimo xogador confirmado para o novo proxecto do Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne apontoa a súa defensa coa fichaxe de Iván Calvo
Por Manu Otero |
-
Andrés Sánchez, a piques de sumar máis dunha década no Cisne
Por Sofía Lorenzo |
-
O Cisne pecha a fichaxe de Iván Calvo e prepara unha xornada de captación para a súa base
Por Redacción |
-
Javi Vázquez, toda unha vida no Cisne
Por Redacción |