Ambiente inmellorable na primeira xornada do Torneo Internacional de Fútbol 7
Por Redacción & Diego Torrado
Creada e actualizada
Creada e actualizada
As instalacións da Xunqueira volven acoller durante esta fin de semana o Torneo Internacional de Fútbol 7 de categoría benxamín, que este ano chegou á súa XXI edición. O Porteiro 2000 é o club organizador e, por iso, anfitrión da cita que, nesta ocasión, recibirá durante os dous días a un total de 16 equipos procedentes de diferentes zonas de España e Portugal.
A diferenza do pasado ano, no que a choiva acompañou practicamente toda a competición, esta vez non foi o caso. O bo tempo foi un dos protagonistas do día, o que propiciou que a afluencia de público na bancada fose moito máis numeroso. Un ambiente inmellorable.
O sábado, primeiro día de actividade, disputáronse, a partir das 10:00 horas e ata as 18:00, os partidos correspondentes á fase de grupos. O Porteiro 2000, encadrado no grupo A, tivo que medirse ao Atlético de Madrid, Real Sociedade e ACD A Seca. Pola súa banda, no grupo B enfrontáronse o Benfica, Athletic Club, Arousa e Vitoria CF; no C, Celta, Sporting Portugal, Pontevedra CF e Pavillón CF; e, por último, no D, Deportivo, Real Sporting, Bertamiráns e Cristo Vitoria.
A partir das 18:00, foi a quenda das eliminatorias, nas que empezaron a decidirse os cruces da fase final, que se disputará este domingo desde as 9:30. Ao longo da mañá xogaranse, no mesmo lugar, os últimos partidos da competición. Os equipos que terán que enfrontarse entre eles e que, polo tanto, pasan á seguinte fase, son o Portero 2000 e o Victoria; o Real Sociedad ao ACD A Seca; o SD Cristo Victoria ao SL Benfica; o Pontevedra CF ao Bertamiráns; o AT Madrid ao Arosa SC e, por último, o Athletic Club ao Pabellón CF.