O fútbol gaélico aterra en Pontevedra
Por Redacción
A Xunqueira converterase o sábado 22 de xuño en capital galega do fútbol gaélico coa disputa da xornada final da Liga Galega de 7 contra 7.
Ademais da propia competición o evento servirá para que o Pontevedra Fútbol Gaélico, equipo recentemente fundado, dispute o seu primeiro encontro na cidade de Lérez cun partido amigable ante un combinado da liga, fixado para as 17:30 horas.
Antes, ás 16:30 horas, Irmandinhas e Fillas de Breogán tamén se enfrontarán nun amigable, todo como prolegómeno dos dous choques que decirián o campionato entre Bráithreachas A Estrada e Ártabros de Oleiros (18:30 horas) e Fillos de Breogán e Mecos do Grove (19:30).
Pola súa banda o Pontevedra FG segue coa súa preparación para poder participar na próxima edición da liga. Dende o club solicitaron formalmente ao Instituto Municipal de Deportes (IMD) a adxudicación dun campo de adestramento. Ademais, segundo traslada o propo equipo, seguen captando xogadores, polo que os interesados en probar este deporte poden poñerse en contacto con eles através do correo gaelicopontevedra@gmail.com.