A Baixada do Umia cumpre 25 anos en plena forma
Por Redacción
Ribadumia será escenario o vindeiro domingo 16 de xuño da 25ª edición da Baixada do Umia de piragüismo, con saída ás 16:00 horas.
A competición, convertida en todo un referente a nivel autonómico, pertence á Liga Galega para as categorías cadete, xuvenil, sénior e veterano.
Para celebrar as súas vodas de prata, a regata terá consideración de Campionato Galego de Ríos e contará cunha participación de preto de 450 deportistas pertencentes a 34 equipos galegos.
Como novidade, nesta edición a organización do evento tomou a decisión de cambiar o percorrido habitual da proba co que a competición volve ás súas orixes, cando se saía desde a ponte de Barrantes, en dirección á zona de Castrelo na que está posta a única ciaboga da tarde, para continuar río arriba ata a liña de meta, situada na instalacións do Club Náutico O Muiño.
A organización habilitou ademais dúas metas volantes en honra aos ex-deportistas do José Manuel Torres Iño' e José Ramón Serantes 'Peke' nas pontes de Barrantes e de Castrelo para a primeira embarcación K-1 júnior e K-2 home junior.
Os equipos con maior representación serán o Náutico Pontecesures con 35 padexeiros, seguido polo Naval de Pontevedra con 31, mentres que Piragüismo Portonovo e Piragüismo Vilaboa terán a 28 participantes na liña de saída.