Alejandro Pereira, soños de motor desde o barrio da Parda
Por Diego Espiño
Ten só 10 anos, pero vive a súa vida a toda velocidade. Alejandro Pereira Amoedo é un mozo pontevedrés que esta tempada iniciouse na competición de motor con resultados notables.
Fíxoo concretamente no Campionato Galego de Karting, categoría cadete, no que a pesar de ser o seu primeiro curso marcha terceiro na clasificación xeral a só 1 punto do segundo despois de tres probas.
"Desde pequeñito venía a las carreras conmigo", explica o seu pai, Miguel Guerra, comisario no Rally Rías Baixas e gran seguidor dos deportes de motor, así que cando se interesou pola velocidade "empezamos a entrenar no con vistas al gallego pero como se vió que podía estar rodando al menos con los del medio decidimos probar", recoñece.
"Era inimaginable estar ahí delante porque los rivales corren mucho", asegura, aínda que mantén que o importante é "que disfrute y lo pase bien".
Alejandro Pereira (Álex Competición) corre co apoio da Escuadra Pontevedra 1984 e a asistencia técnica de JMC Competición, un importante despregamento que supón ademais un esforzo económico. "Por ahora tengo patrocinadores con los que pagamos al menos las inscripciones", explica Miguel.
Trátase dun deporte caro, sobre todo á medida que os retos se fan máis ambiciosos, e iso sábeo esta familia pontevedresa. De feito Alejandro "no dice nada de llegar a más porque aunque tiene 10 años sabe que es muy complicado", asegura o seu pai, por iso "sueña con conducir algún coche de montaña o algún fórmula en el Campeonato de España", desvela.
Iso aínda queda moi lonxe, e agora o que tratan é de acabar o mellor posible o Campionato Galego de Karting e de conseguir apoio económico para afrontar con garantías a seguinte tempada.
A súa próxima carreira, cuarta das seis citas puntuables do campionato, terá lugar o próximo 29 de xuño no circuíto da Madalena, en Soutelo de Montes, lugar habitual dos seus adestramentos xunto ao circuíto do Porriño. Será a ocasión de tentar pelexar polo seu primeiro triunfo, tras o podio que logrou na súa estrea na categoría nas Pontes. Por soñar que non quede.