Abel Alonso, o reto de pisar un cumio de 8.000 metros
Por Diego Espiño
O reto é complicado, pero o pontevedrés Abel Alonso móstrase ilusionado con conseguilo, ascender un cumio de 8.000 metros: "estoy muy ilusionado aunque también con cierto respeto, son montañas muy técnicas y tienen su dificultad, principalmente por la altura".
Abel, que foi recibido polo concelleiro de Deportes Agustín Fernández horas antes de emprender viaxe rumbo a Paquistán, pretende atacar os cumios do Gashembrum I (8.035 metros de altitude) e o Gashembrum II (8.068 metros), pertencentes á cordilleira Karakorum.
A expedición prolongarase durante pouco máis dun mes, tempo no que establecerán o seu campo base a 5.450 metros de altura e irán habilitando as rutas de ascensión colocando cordas e instalando e habituallando os campos un, dous e tres: "se trata de tener todo preparado por si es necesaria una bajada rápida".
Se todo marcha segundo o previsto, os últimos 10 días de xullo poderán intentar ascender o primeiro dos cumios e o máis complicado dos dous, o Gashembrum I.
As noticias sobre o estado do reto poderán seguirse diariamente a través do blog do propio protagonista, www.abelalonso.es.
PATROCINIO MUNICIPAL A OUTROS DOUS DEPORTISTAS DE AVENTURA
Ademais do apoio a Abel Alonso, o concelleiro de Deportes anunciou o patrocinio a outros dous aventureiros pontevedreses: a montañeira Rosa Paredes, que intentará ascender o Pico Lenin (7.134 metros) situado entre as antigas repúblicas soviéticas de Kirghizistan e Tadjikistán; e Francisco Casal, inscrito na carreira a pé UltraTrail, que conta cun percorrido de 168 quilómetros atravesando o Mont Blanc.
Relacionadas:
-
"Escasas" posibilidades de rescatar con vida ao alpinista pontevedrés Abel Alonso e os seus dous compañeiros
Por Redacción |
-
Preocupación ante a falta de noticias do alpinista Abel Alonso tras facer cume nun 'oito mil'
Por Oskar Viéitez |
-
O montañeiro pontevedrés Abel Alonso conquista o seu primeiro oito mil
Por Redacción |
-
Rosa Paredes parte cara ao seu novo reto, o Pico Lenin
Por Diego Espiño |