Teresa Abelleira estará na fase final do Europeo Sub-19
Por Redacción
Por segundo ano consecutivo, Teresa Abelleira xogará a fase final do Campionato de Europa Sub-19.
A futbolista pontevedresa, que xa foi campioa o pasado verán, é unha das 20 xogadoras elixidas polo seleccionador nacional da categoría, Pedro López, para participar na fase final do Europeo que terá lugar do 14 ao 28 de xullo en Escocia.
Abelleira mantense como peza fixa nas categorías inferiores de España, coa que foi subcampioa continental sub-17 e campioa sub-19, e tras colaborar activamente na clasificación para esta fase final na Rolda Elite que se disputou en Galicia no mes de abril.
A Selección Española Sub-19 está citada en Las Rozas o próximo 24 de xuño para afrontar unha concentración preparatoria antes de poñer rumbo a Escocia para pelexar polo título europeo, onde competirán na rolda inicial con Bélxica (16 de xullo), Inglaterra (19 de xullo) e Alemaña (22 de xullo).
Xunto a Teresa Abelleira (RC Deportivo), compoñen a lista da Selección Española Sub-19: Oihane Hernández, Nerea Nevado (Athletic Club); Itziar Pinillos, Laia Aleixandri, Rosa Otermin, Leire Peña (Atletico de Madrid); Laia Codina, Candela Andújar, Claudia Pina (FC Barcelona); María Echezarreta (Boston Breakers); Catalina Tomás Coll (UD Collerense); Berta Pujadas, Anna Torrodá (RCD Espanyol); Eva María Navarro (Levante UD); Silvia Rubio (Madrid CFF); Rosa Márquez (Real Betis); Nerea Eizaguirre, Carla Bautista (Real Sociedad); Athenea del Castillo (CDE Racing); María Méndez (Oviedo Moderno); Olga Carmona (Sevilla FC); Lucía Suárez (CD Tacón); Enith Salón (Valencia CF).
Relacionadas:
-
Teresa Abelleira estréase na Selección Española Sub-20
Por Redacción |
-
A España de Teresa Abelleira cae en semifinais do Europeo Sub-19
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira e Nieves Gamallo, entre as galardoadas nos Premios do Deporte Feminino Galego 2018
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira celebra a clasificación da Selección Española Sub-19 para o Europeo
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira, protagonista no paso da Selección Española Sub-19 por Galicia
Por Redacción |