Cal e Gómez Noya quedan ás portas do Príncipe de Asturias do Deporte que gana o golfista Olazábal
Por Redacción
O Premio Príncipe de Asturias do Deporte non foi para ningún dos dous deportistas galegos que se atopaban como candidatos, David Cal e Javier Gómez Noya.
José María Olazábal, o mellor golfista español despois de Severiano Ballesteros, gañou o Premio Príncipe de Asturias do Deporte 2013. O xogador de golf superou por 9 votos 8 á nadadora paralímpica Teresa Perales. O xurado tivo en conta a traxectoria deportiva e a calidade humana do gañador en dúas ocasións do Masters de Augusta e de catro Ryder Cup. Na última foi o capitán que protagonizou unha espectacular remontada para o equipo europeo.
Como finalistas a este Premio Príncipe de Asturias do Deporte quedaron dous deportistas relacionados con Pontevedra, o piragüista David Cal e o triatleta Javier Gómez Noya que terán que agardar a unha próxima edición. Entre os candidatos tamén se encontraba a Regata Oxford-Cambridge.