Alejandro Conde estrea as renovacións no Cisne
Por Redacción
Tras asegurar a continuidade do seu adestrador, Jabato, e anunciar a primeira fichaxe co regreso de David Chapela, o Club Cisne non perdeu o tempo e púxose ao traballo para renovar á maior parte do plantel, obxectivo que marcou o propio adestrador.
Neste sentido a entidade pontevedresa non tardou moito en anunciar a primeira renovación no grupo de xogadores.
Trátase de Alejandro Conde, que desta maneira seguirá defendendo a camiseta cineísta por cuarta tempada consecutiva na División de Honra Prata do balonmán nacional.
"Estou moi contento de poder seguir aquí, cun gran grupo de persoas que fan sentir a un como na casa", asegura o pivote vigués.
A súa é a primeira renovación, pero espérase que nas próximas horas síganse anunciando máis acordos nun equipo que sinalou claramente a súa aposta pola continuidade do proxecto deportivo.